Enquisa HostaleríaDigna

Afíliate!

 

Para afiliarte á CNT só é necesario cubrir á ficha de afiliación (DESCARGA FICHA AFILIACIÓN) e devolvernola asinada. A ficha asinada podes entregala presencialmente nalgún dos nosos locais (onde estamos) ou ben mandala por mail (indicando o teu nome no asunto) a galiza@cnt.gal escaneándoa ou sacándolle unha simple foto (sempre que sexa lexible!).

Os datos da ficha serán empregados para comunicarnos contigo, tanto en caso dos posibles conflitos teus que atendamos no sindicato, como tamén para as distintas comunicacións que facemos normalmente: convocatoria de asembleas, actos, eventos, protestas,... e para a difusión do noso boletín mensual.

A cuota mensual é de 15€ que se pasan cada 2 meses. Concretamente o día 11 do mes seguinte á afiliación pásase o recibo de ese mes e o anterior (30€). Para levar un conflito laboral pedimos unha antigüidade de 3 meses como afiliado/a, compensables económicamente (é dicir 45€ iniciais).

Todos os pleitos e reclamacións son gratuítos para a afiliación. Só naqueles pleitos onde ti gañes cantidades se cobra o 10%+ ive do obtido.