Enquisa HostaleríaDigna

Compostela

Charla de Carmen Blanco: Casas Anarquistas de Mulheres Libertárias

http://www.cntgaliza.org/files/cartaz mulleres.jpg	Carmen Blanco, feminista, escritora, ensaista, professora de Língua Galega da Universidade de Santiago no Campus de Lugo, centrou e centra fundamentalmente os seus trabalhos na mulher da que são mostra : Escritoras galegas, Libros de mulleres, O contradiscurso das mulleres, Nais, damas, prostitutas e feirantas, Mulleres e independencia, Luz Pozo Garza : a ave do norte e Alba de mulleres. Trabalhou dentro do feminismo independente na Galiza desde os anos setenta.

Creación da sección sindical da CNT no SIEGA

Hoxe créase no SIEGA (Informática da consellería de Educación da Xunta de Galicia) a sección sindical da CNT na empresa SERMICRO (pertencente ao grupo ACS) subcontratada por IECISA (Informática del

Condenado o Concello de Santa Comba

Tras dous xuizos, o Concello de Santa Comba foi condenado polo Maxistrado Xuiz do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, Emilio Fernández Mata, que estimou a demanda interposta polo sindicato CNT e a traballadora M. R. G. S. Dous xuizos, os dous perdidos, nos dous condenado o Concello de Santa Comba e o seu alcalde do Partido Popular, José Toja Parajó, que deberia pagar do seu peto os gastos ocasionados por encaprichar-se e non ceder ao que era de xustiza.

18 días en folga

O colectivo de traballadoras e traballadores da limpeza do Concello de Santiago de Compostela, governado por unha coalición nacionalista e
socialista asiste como se con eles non fora a cousa á folga deste colectivo que reivindica cousas tan xustas como a equiparación de salários entre a contrata e @s traballador@s fix@s do Concello, extremo éste concedido en numerosas administración públicas.

Reportaxe da detención de Nuria, veciña de Sarriá de Ter (Girona)

http://www.cntgaliza.org/files/nurialcarrer.JPGO pasado mércores 7 de Febreiro de 2007, de madrugada, 7 furgóns da polícia autonómica catalana (Mossos d’Esquadra) presentaron-se no bárrio de Pont Major de Girona, asaltaron encarapuzados a casa onde vivia a educadora social de 26 anos en Sarriá de Ter, facendo uso da lei antiterrorista, e detuvero-na alegando a sua relación cun membro dun grupo anarquista. A detida foi incomunicada na comisaria de Zona Franca de Barcelona, durante as dilixéncias policiais sen que avogados nen família puidesen contatar, e 2 dias despois foi trasladada a Madrid para ser xulgada polo tribunal de persecución política e social coñecido como “Audiéncia Nacional”. Á Nuria Pòrtulas atribuen-se-lle ideas anarquistas, e o seu apoio a asociacións de solidariedade con pres@s polític@s. A televisión de Catalunya enmarcou-no desde un início nunha operación contra colaboradores de ETA.

A USC, Prosegur e as manobras do falso sindicalismo

http://www.cntgaliza.org/files/pro.jpg O conflito aberto na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a empresa de seguridade privada PROSEGUR tivo onte un novo episódio con feche de liberados sindicais de vários sindicatos na casa da balconada para reclamar que e empresa PROSEGUR poida continuar disfrutando de benefícios a costa do erário público e para que se manteñan os altos salários dos directivos da devandita empresa que, lembremos, está vencellada estreitamente coa família do ex-ministro de Interior, Jaime Mayor Oreja.

Organizar-se sen representantes

http://www.cntgaliza.org/files/180px-Abstencion.jpg O calendário eleitoral dos profesionais do sindicalismo de Estado vai-se consumando e na maioria de empresas xa se celebrou o “rito democrático” que cada catro anos trasmuda o desencanto en representatividade sindical sen novidades significativas, como era de aguardar.

En apoio do investigador Dionísio Pereira

O 12 de agosto de 2006, Verbo Xido, Asociación Ecoloxista e Cultural da Terra de Montes, organizou unhas xornadas de recuperación de Memoria. Falaron varias asociacións, presentouse un libro de Dionisio Pereira, organizaron unha rota por lugares da represión, e descubriuse unha placa, colocada sobre unha fermosa pedra labrada por canteiro local, na memoria de dous homes, Francisco Arca e Secundino Bugallo, canteiros e da CNT, torturados e asasinados o 13 de agosto de 1936 nunha cuneta de Pedre.

SOS-Courel

http://www.cntgaliza.org/files/o_courel_19.jpg Facemo-nos eco das denúncias que a organización SOS-Courel está a levar a cabo ante a posíbel declaración da zona como Parque Natural.

En lembranza de Manuel Díaz Moreno "Talache"

Queremos lembrar ao compañeiro Talache, falecido hai dous anos na Coruña.

Na maior das discrecións, como viviu toda a vida, finou o pasado mes de agosto o vello compañeiro Manuel Díaz Moreno "Talache", militante da CNT da Coruña. En poucos meses perdéronse dúas testemuñas do que foi o vizoso anarquismo coruñés dos anos da II República, xa que recentemente faleceu tamén Antón Patiño Regueira, autor do imprescindible libro "Memoria de Ferro".