Enquisa HostaleríaDigna

Compostela

A CNT-Sevilla declara folga indefinida en apoio ao compañeiro Lorenzo Morales

A Sección Sindical da CNT na empresa Stock-Uno declara a folga indefinida en apoio ao compañeiro despedido Lorenzo Morales e pola reivindicación dun convénio digno dentro da empresa. O paro e as accións comezarán a partir do dia 11 de Setembro e continuarán até acadar os obxectivos marcados.

Mártires do Mar

O barco da memoria

O xoves día 7 de xullo rematou en Vilagarcía a exposición itinerante que percorreu varios portos da Galiza titulada "Mártires do Mar", a historia do sindicalismo mariñeiro galego nos anos anteriores á guerra civil pero que tamén chegaba até épocas posteriores, como, por exemplo, os anos nos que a CNT organizaba fuxidas en buques desde a costa coruñesa cara a Portugal, Franza ou Inglaterra.

LIBEREN AO DOUTOR QUEZADA DOMINGUEZ

http://www.cntgaliza.org/files/por esto.jpgPublicamos esta carta que nos chegou dun colaborador do periódico mexicano de pensamento crítico Por esto! após o ataque que sofreu a sede do diário, atacado o pasado venres con várias granadas, causando dous feridos de gravidade. O próprio diário asinala como autores do atentado ao governo de Yucatán, interesado en calar cantas voces disidentes aparezan, ou a bandas do crime organizado ou do narcotráfico, continuamente denunciadas desde as páxinas do Por Esto! Tamén falan da posíbel autoria da Fundación Nacional Cubano Americana (FNCA), de Miami.

Continuan os incéndios na Galiza

http://www.cntgaliza.org/files/incendio.jpg
Hoxe erguiamo-nos coa notícia de que a Serra do Caurel, unha das zonas de maior riqueza ecolóxica e ambiental da Galiza, levaba toda a noite a se queimar en diversos pontos.

Vitória sindical da CNT no Hotel Sino de Compostela

http://www.cntgaliza.org/files/sino.jpg O pasado dia 5 de Xuño, a compañeira L. G., foi despedida do Hotel Sino de Compostela, de xeito arbitrário e a todas luces improcedente, baixo a frase de "estoy harto de tus interpretaciones". A compañeira, contratada como axudante de recepción, sendo a única recepcionista, desempeñaba outras tarefas como camareira e incluso facia a limpeza dos cuartos. Estas tarefas realizou-as durante dez meses.

O Complot Terrorista virtual dos atentados aéreos é unha coartada para a próxima guerra nuclear contra Irán

Un texto de Alfredo Embid.

COMPLOT TERRORISTA VIRTUAL.
http://www.cntgaliza.org/files/poli.jpg As últimas declaracións de Bush incluen un novo termo de moda: o "Islamofascismo" e múltiples alusións a que "a nación está en guerra contra el". O islamofascismo pretende "usar todos os meios para destruir a aqueles que aman a liberdade e para atacar a nosa nación."

Falece unha muller integrante dunha brigada contra incéndios nun accidente co seu todo-terreo

No sinistro resultaron feridos tres compañeiros de traballo da falecida.

Unha muller, integrante dunha brigada municipal de loita contra os incéndios, faleceu a pasada noite nun accidente de circulación que sufriu o todo-terreo no que regresaba da sua xornada laboral.

20.000 persoas saen à rua contra a vaga de lumes

http://www.cntgaliza.org/files/manifa lumes 20A.jpg
Convocadas pola Plataforma Nunca Máis, a Plataforma contra os incéndios e a CNT, entre outras organizacións, 20.000 persoas manifestaron-se onte nas ruas de Compostela para facer visíbel a sua indignación ante a catástrofe meio-ambiental que devastou a Galiza nos primeiros dias de Agosto.

Manifestación contra o lume. Domingo dia 20 às 12:00 na Alameda de Compostela

Perante a convocatória por parte da Plataforma Nunca Máis dunha manifestación baixo os lemas "GALIZA CONTRA O LUME", "Paremos o terrorismo incendiario" e "Por un cambio nas políticas para o noso monte" de CNT queremos manifestar: