Enquisa HostaleríaDigna

Contacta-nos

8M : Folga xeral feminista 24h

A Confederación Nacional do Traballo (CNT) considera que a segunda Folga Xeral Feminista Internacional está resultando «todo un éxito de participación»

Debemos sinalar que pese á coincidencia co período preelectoral, esta xornada foi novamente un éxito xa so polo feito de que se puso novamente sobre as mesas – para non marchar – debates en torno ao machismo, a precariedade e a desigualdade das mulleres na nosa sociedade.

 

Na parte laboral da folga, onde a participación está sendo variada según territorios e sectores, comprobamos que nos sectores máis feminizados, como Telemárketing, a participación está a ser de ata un 50%. Obsérvanse retrasos nos transportes, unha alta participación no sector educativo e incluso na industria, un sector altamente masculinizado, vemos que oscila a participación dun 10% ata un 25%.

CNT convoca formalmente folga xeral feminista para o vindeiro 8 de marzo

Este 8 de marzo a CNT volve a situarse detrás do movemento feminista estatal e convoca, tal e como figura no seu mandato, unha folga xeral de 24 horas en todos os sectores laborais. Escoitamos con atención ao movemento feminista e compartimos a súa análise, sendo conscientes da responsabilidade que como organización obreira e feminista temos no momento histórico que nos toca vivir. A folga chamará tanto a mulleres como a homes, igual que o pasado 8 de marzo de 2018.

As mulleres de clase obreira enfrentámonos día tras día a un sistema capitalista e patriarcal cuxa existencia mesma depende da opresión da muller, polo que comprendemos que esta folga non pode circunscribirse soamente ao ámbito laboral. Unímonos ao movemento feminista na esixencia de que o traballo de coidados se equipare ao traballo productivo e sexa recoñecido coma o que é: un valor social de primeira orde sen o cal a sociedade non sobreviviría.

CNT reivindica ante os grupos parlamentarios e a patronal as esixencias para o 8M

 

  • CNT Galiza comeza coas pertinentes reunións cos grupos parlamentarios, coa consellería de traballo e co CEGA para abordar a situación de precariedade laboral e violencia social que sofren as mulleres.

A Confederación Nacional do Traballo da Galiza, ao igual que o ano pasado, responde ao chamamento dos diversos colectivos feministas e convocará folga xeral de 24 horas o vindeiro 8 de marzo.

Por este motivo, a CNT solicitou reunións cos grupos parlamentarios, coa consellería e co CEGA (Confederación de Empresarios de Galicia), como requisito ineludible para legalizar a convocatoria e para poder compartir a análise da desvantaxe das mulleres con respecto ao xénero masculino no ámbito laboral, así como discutir as propostas de resolución e a mellor maneira de levalas a práctica.

CNT convocará folga xeral feminista de 24 horas o 8 de marzo

 

A Confederación Nacional do Traballo, en resposta ao chamamento do movemento feminista e acorde aos principios da organización, convocará o vindeiro 8 de marzo unha folga xeral feminista de 24 horas en todos os sectores, polo que toda persoa de calquera parte do territorio contará con todas as garantías legais para secundar a folga.

CNT celebra a decisión do movemento feminista de convocar greve xeral de 24 horas o 8 de marzo de 2019

 

Desde a CNT seguimos traballando nas reivindicacións que nos levaron a convocar a greve xeral feminista de 2018 e, como sempre, nos poñemos á disposición do Movemento Feminista para este vindeiro 8 de marzo, xa que as esixencias que prantexamos o ano pasado siguen vixentes.

Xuntas somos máis fortes

FolgaFeminista8M: A revolución sera feminista ou non será

Videocrónica da CNT da greve levada a cabo no 8 de marzo de 2018, laboral, de consumo, de coidados, estudantil e de 24h.

 

 

CNT califica de «éxito rotundo» a xornada do 8M

 

Nunha xornada froito da autoxestión, do asamblearismo e da soriridade, decenas de miles de persoas sairon ás rúas en Galiza para manifestarse no Día da Muller.

«Haberá tempo para facer unha análise máis detallada, mais esta xornada soamente se pode calificar como histórica e ao nivel da folga da Canadiense. Hoxe naceu algo que vai gañar o que se propoña», sinala o comité de CNT Galiza.

As estimacións de seguimento das mobilizacións chegan a cifrar a asistencia ao redor de 40.000 persoas en Compostela, 50.000 en Vigo e 35.000 na Coruña, cifras que convertirían as manifestacións nas máis exitosas da historia de Galiza.

A CNT de Galiza seguirá apoiando de xeito rotundo as reivindicacións do movemento feminista e colocándose detrás del, lembrando que a loita non fixo máis que comezar.

A CNT dá as suas primeiras impresións

En declaración pública, o sindicato CNT apresentou as súas primeiras impresións acerca da folga deste dia 8 de Marzo.

Da mesma forma, chama a participar nas manifestacións desta noite convocadas polo movimento feminista.

 

 

Piquete da CNT constata a fraude dos paros de duas horas

 

Os piquetes organizados pola CNT informan en Compostela durante toda mañá sobre a xornada de folga. Focalizado nun sector económico importante do centro compostelano como é o comercio e hotelaria, este piquete comezou na Praza do Pan ao inicio da mañá e está a percorrer todas as ruas para informar as traballadoras dos seus direitos para aderiren á folga.

CNT Galiza realizará un acto reivindicativo previo á folga xeral feminista

  • O sindicato rexistrou legalmente a convocatoria de folga xeral feminista de 24 horas o pasado 20 de febreiro.

 O vindeiro día 7 de marzo, un día antes da convocatoria de folga xeral que CNT rexistrou en apoio aos movementos feministas estatais e galegos, o sindicato levará a cabo un «arranque de folga» cunha concentración e mitin na Praza do Toural compostelana.

O acto, programado para as 20 horas, será protagonizado pola militante do sindicato Xiana Arias.

Farase un repaso das razóns do sindicato para posicionarse detrás do movemento feminista, en apoio contundente e absoluto coas súas reivindicacións. Expostas a modo de resumo: a eliminación da fenda salarial, a eliminación dos obstáculos que teñen ás mulleres no acceso e promoción do emprego, a conciliación da vida laboral e familiar, a eliminación de toda discriminación no emprego ao servizo do fogar familiar e, en definitiva, a eliminación da problemática de discriminación e desvantaxe que sufren as mulleres no ámbito laboral.