Enquisa HostaleríaDigna

Galiza

NOVOS DADOS SOBRE ACCIDENTES LABORAIS. A precariedade mata

http://www.cntgaliza.org/files/tenerife_accidente_laboral2.jpgSairon os datos de 2006 sobre sinistralidade laboral e o que nos temiamos aconteceu : 1352 mortos en accidentes e miles de traballadoras e traballadores lisiados de por vida.

Conferência de Dionísio Pereira

O próximo 19 de janeiro (6ª feira), Dionísio Pereira dará umha conferência no SOV de Vigo.
O historiador falará sobre A CNT em Vigo. Apogeo e repressom. 1936.
O acto terá lugar às 20h. no local do Sindicato, situado na R/ Príncipe, nº 22, 1º (galerias).

Cerdedo : outra volta de porca

Compañeir@s:
O Pleno do Concello de Cerdedo decidira por unanimidade no mes de Abril retirar a placa dunha rúa adicada ao que foi alcalde franquista, xefe local de Falange e falangista destacado xa dende os primeiros intres do golpe militar, Manuel Gutiérrez, presuntamente implicado ademáis na represión producida en Cerdedo no verán de 1936.

Manifesto de C.N.T. frente ao ante-proxecto de Lei de Memória Histórica

Secretariado Permanente do Comité Nacional CNT-AIT

Perante as discusións no Parlamento da Lei de Memória Histórica
Sabemos que as leis nun sistema capitalista como o que estamos a sofrir forman parte dese mesmo sistema e favorecen o seu afortalamento e reprodución. Sabemos que “o que fai a lei fai a trampa” e que as leis serven tamén para dar unha apariéncia de cámbio “e que todo siga igual”. Sabemos que, en calquer caso, o importante dunha lei “progresista” é o seu desenrolo e aplicación se non quere convertir-se en papel mollado con función só propagandística (vexa-se, como exemplo, o direito ao traballo e a unha vivenda que anúncia a Constitución). Sabemos que a Constitución española non supuxo unha “ruptura democrática” coa ditadura franquista senón unha “adaptación” das suas leis à “nova realidade”, e que a Lei de Amnistía de 1977 foi unha “lei de ponto final” que deu toda a impunidade imaxinábel aos responsábeis da criminal ditadura (sob a excusa de sacar dos cárceres franquistas aos presos políticos), facendo-nos partícipes dunha “eterna transición” que deixa pendente de resolución inxustizas lacerantes..

Caso Granado-Delgado, ou o franquismo que segue entre nós

Nestes últimos días ocuparon espazo nos rotativos e tempo nas televisións duas notícias que non poden deixar de relacionaren-se, ainda que os meios de comunicación as apresenten cada unha polo seu lado. Por unha parte, o proceso de Lei de memoria histórica iniciou a sua andadura parlamentar, con opinións divididas à direita e à esquerda.. Por outra banda, o caso dos compañeiros anarquistas Francisco Granado e Joaquín Delgado, que voltou sair à lus pública ao denegar a Sala do Militar do Tribunal Supremo a autorización para interpor un recurso para revisar a sentenza que os condenou a morte en 1963. Ben é verdade que dous magistrados, Angel Juanes e José Luis Calvo, opuxeron-se a esta decisión, mais a maioría obtida cos votos dos outros tres magistrados simboliza a pervivéncia, tantos añns despois, do mesmo espírito de crueldade e vinganza que caracterizou a ignominiosa ditadura fascista que padeceu este país por cuarenta anos.

O sindicalismo profisionaliza-se

Desde a Confederación Nacional do Traballo (CNT), queremos denunciar públicamente o pagamento que o executivo socialista realiza aos sindicatos máis “representativos”, pola aprobación da Reforma Laboral deste ano.

Conferéncia de militantes da CNT da Galiza

Dado o aumento significativo do número de sindicatos na Galiza, veu-se a necesidade por parte de diferentes localidades de posta en común da militáncia da CNT sobre diversos temas, e por iso foi convocada unha Conferéncia.

A CNT de Fraga (Aragón), premiada pola normalización lingüística do catalán

O prémio é outorgado polo Institut d´Estudis del Baix Cinca, unha entidade cultural de Fraga e da comarca do Baix Cincae filial do Instituto de Estudios de Huesca,

Esta instituizón desenvolve unha intensa actividade cultural, que vai desde a publicación de libros até a organización de diferentes actos culturais, entre os que se encontra a Entrega de Prémios “Josef Galán-6 de Novembre a la Normalització Lingüística”, ademais de traballar desde fai anos na defesa da língua catalá do povos e comarcas da Franxa aragonesa, onde a língua materna é o catalán. Sendo unha das principais reivindicacións a prometida lei de línguas para Aragón, onde se recoñeza a pluralidade lingüística e a co-oficialidade co castellano das outras duas línguas de Aragón ( o aragonés e o catalán).

Renovación do Comité do Sindicato de Pontevedra

Na ultima asemblea do Sindicato de Pontevedra e a petición do secretario xeral ata ese momento, Adrian Estevez, procedeuse a renovacion das secretarías.

O compañeiro Adrian non pode nestes momentos facer fronte o traballo que supon a secretaria xeral polo que a asemblea decidiu que o novo comite sexa:

Presentado o novo Sindicato de Ferrol

Onte día 24 de Novembro, constituíase en Ferrol un novo Sindicato adherido á CNT. Despois de 20 anos, a CNT refundase con intención de revivir as loitas do sindicalismo revolucionario.

Desde toda a Confederación enviamos un saudo fraternal e libertario aos novos compañeiros e compañeiras da CNT de Ferrol.