Enquisa HostaleríaDigna

Galiza

A xustiza condena a Combina Social tras a demanda de CNT

 

Combina Social S.L. foi adxudicataria do servizo de auxiliares nocturnos nos internados dos centros de formación e experimentación agroforestal dependentes da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, do que era anterior titular EULEN.

Palestra informativa sobre estabilidade laboral nos GES de Galiza

A SECRETARÍA DE ACCIÓN SINDICAL DA CONFEDERACIÓN NACIONAL DO TRABALLO DA GALIZA invita a todos os traballadores e traballadoras dos GRUPOS DE EMERXENCIAS SUPRAMUNICIPAIS a asistir á palestra informativa sobre a estabilidade laboral no servizo, que terá lugar o

XOVES 6 DE SETEMBRO ÁS 18:00

NO SALÓN DE ACTOS DA CONSELLARÍA DE SANIDADE

SAN LÁZARO - SANTIAGO DE COMPOSTELA

que correrá a cargo da SECRETARÍA DE ACCIÓN SINDICAL, do GABINETE XURÍDICO DA CNT e de membros da SECCIÓN SINDICAL DA CNT NO CONCELLO DE A GUARDA, traballadores do GES nese Concello.

Nesta palestra comentarase polo miudo as posibilidades de denuncia da fixeza dos contratos do persoal do GES tras a última sentenza xudicial conseguida polo GES de A GUARDA. Esta sentenza declara fixa a súa relación laboral e existe a posibilidade de iniciar demandas semellantes no resto de GES da Galiza.

Desde a SECRETARÍA DE ACCIÓN SINDICAL DA CONFEDERACIÓN NACIONAL DO TRABALLO DA GALIZA esperamos a vosa presenza e agardamos que esta información poida resulta de utilidade e sirva para mellorar as condicións de traballo e dignificar a profesión dos GRUPOS DE EMERXENCIAS SUPRAMUNICIPAIS.

A CNT inicia conflito con ACNUR

 

 

 

  • As prácticas de ACNUR co seu plantel de captación de fondos exténdese por todo o estado a pesares das condenas xudiciais acadadas.

 O sindicato CNT inicia conflito coa organización dependente de Nacións Unidas e adicada á atención a persoas refuxiadas ACNUR polas pésimas prácticas empresariais adoptadas co seu plantel de captación de fondos.

 A través dunha análise en diversas cidades en todo o estado, o sindicato afirma que ACNUR non aplica o convenio colectivo correcto, aforrándose así unha boa masa salarial, e que é unha práctica «terriblemente frecuente» que cando unha persoa entra a traballar na captación de socias/os, non se lle fai contrato ata que pasan varios días.

CNT concéntrase diante do Hotel Araguaney, propiedade da patronal HOTUSA, en solidariedade coas despedidas en Xetafe

 

  • A SUBCONTRATA DO HOTEL EXE GETAFE DESPIDE A 8 CAMAREIRAS DE PISO TRAS ORGANIZARSE COA CNT

A subcontrata EXEO do hotel EXE Getafe (da cadea HOTUSA) despide a 8 camareiras de piso despois de organizarse como sección sindical na CNT para loitar contra os abusos. En dous anos traballando no hotel, as traballadoras pasaron por tres subcontratas diferentes e agora, apenas 4 meses despois de empezar no sindicato, subcontrata e hotel despiden de forma fulminante a todas as empregadas significadas.

Os GES de A Guarda conseguen a fixeza dos seus postos de traballo

  • Os traballadores do GES de A Guarda afiliados á CNT conseguen o recoñecemento da fixeza da relación laboral
  • O Concello é condenado a transformar os seus contratos temporais en fixos nunha sentenza que destaca a fraude e a mala fe das súas actuacións
  • A CNT levará a cabo unha serie de reunións informativas que chegarán a todos os GES de Galiza

O pasado 28 de xuño de 2018 o TSXG emitía sentenza sobre o recurso prantexado polos traballadores do GES de A Guarda sobre o carácter fixo da súa relación laboral, e non temporal como pretende o Concello. en relación a demanda pola contratación fraudulenta realizada polo Concello dos traballadores do GES (Grupo de Emerxencias Supramunicipal), onde esta administración, tendo convocado un concurso-oposición para 9 postos de traballo como traballadores de emerxencias do GES eran contratados como persoal laboral ala por agosto de 2013. A sentenza confirma a fixeza dos traballadores demandantes do GES de A Guarda, e condena ao Concello a transformar os seus contratos temporais en fixos.

Médicos Sin Fronteras, condenada por impor unha cláusula abusiva ao seu plantel de captación de socias/os.

 

 

  • A organización despedía sen pagar indemnizacións ao incluír unha cláusula de rendemento mínimo abusiva nos contratos das traballadoras e traballadores que se adican a captar persoas socias.

A organización Médicos Sin Fronteras ven de ser condenada a eliminar a cláusula que lle permitía despedir ao seu persoal sen pagar ningún tipo de indemnización e sen preaviso. Dita cláusula, establecía como falta disciplinaria o non acadar as 6 novas altas semanais.

A CNT denunciou esta cláusula coma abusiva e por tanto nula a finais do ano 2015, ao entender que ese número de altas era de case imposible cumprimento tal e como indicou a pericial sociolóxica encargada. Os datos amosaban que 9 de cada 10 persoas non acadaban ese rendemento mínimo.

Modificación de horario da sede de CNT Compostela durante os meses de verán

ENTRE O 23 DE XULLO E O 17 DE AGOSTO O LOCAL ABRIRÁ DE 10:00 A 13:00

 ENTRE O 6 E O 10 DE AGOSTO A SEDE PERMANECERÁ FECHADA POR REFORMAS

 

PODERASE CONCERTAR CITA NUN HORARIO DIFERENTE OU DURANTE OS DÍAS DE

 FECHE NO TELÉFONO 640 553 412 OU NOS CORREOS

compostela@cntgaliza.org e galiza@cntgaliza.org

CNT denuncia o horario de verán da Xunta

  • Cumprindo o anunciado días atrás a CNT ven de presentar demanda contra a Xunta por mor da  exclusión de persoal da aplicación do horario de verán
  • As denuncias presentadas, tanto no xulgado do social como no contencioso administrativo, pretenden garantir o dereito á aplicación do horario reducido de verán á persoal que viña desfrutando con normalidade del ata este ano, incluíndo ao persoal que exerce redución de xornada

A denuncia interponse tras a difusión dunha nota aclaratoria por parte da Xunta segundo a que o persoal con xornada reducida non desfrutará este ano da xornada de verán, así como o persoal suxeito a horarios especiais, persoal con redución de xornada e persoal a quendas.

Información sobre as posibilidades de demanda do profesorado interino e substituto ante os seus ceses a fin de curso

 

  • Charla informativa o mércores 4 de xullo ás 18.00 h. na sede sindical da CNT de Compostela (R/García Prieto, 24-28)

 

O Tribunal Supremo vén de declarar, a raíz dunha demanda presentada na Comunidade Autónoma de Murcia, a nulidade dos despedimentos do profesorado interino non universitario que, con data de 30 de xuño, se producen todos os anos. A sentenza establece que esta práctica expón “sen ningunha dúbida a desigualdade de trato do profesorado interino” e que os ceses a data de 30 de Xuño vulneran “o principio de non discriminación que debe rexer a contratación no sector público”.

A CNT demanda ao GRUPO CONVERSIA por despedimento nulo

 

  • A empresa despide a unha traballadora como represalia á súa pertenza ao comité de folga da CNT na convocatoria da folga de 24 horas do pasado 8 de Marzo
  • A empresa oculta a causa do motivo en causas económicas e organizativas inexistentes

A CNT interpón unha demanda por despedimento nulo contra o Grupo Conversia, motivada pola acción represiva ante o intento de organización da loita sindical feminista. A empresa despide a traballadora alegando causas organizativas falsas mediante as que pretenden encubrir o carácter represivo do despedimento.