Enquisa HostaleríaDigna

A CNT demanda à USC

cnt unixest

Sabido é que, desde hai anos, a Universidade de Santiago de Compostela destaca pola creación de órganos, servizos e sociedades desde as que xestionar externamente o público e que se prestan de maneira excelente ao incumprimento dos dereitos das traballadoras e dos traballadores, como levamos anos denunciando desde a CNT. Neste caso a demanda interpón-se contra o chiringuito Unixest, que ven significar Sociedade Xestora De Intereses Da Universidade De Santiago De Compostela. S.L.

O motivo da demanda é, por un lado, a coñecida práctica de contratación fraudulenta, posto que a USC realiza a través de Unixest contratos temporais en fraude de lei, que en realidade deberian ser indefinidos. Por outro lado, denuncian-se incumprimentos en matéria de conciliación da vida laboral e familiar.

Son Rafael Torrado e xa tomei a decisión de reclamar:

1)Solicitude para facer a xornada continua no horario de inverno. A xornada de inverno abrangue de Outubro ate Maio en horario de 8:30 a 14:30 de de 16:30 ate 19:00  agás o venres que facemos de 8:00 a 14:00. Eu solicito facer a xornada de 8:00 a 16:00 e o venres de 8:00 a 15:00 (39 horas semanais).

No caso de que veña desestimada a solicitude da xornada continua pido unha redución da miña xornada laboral dunha hora diaria facendo así o horario de 8:00 a 15:00 e o venres de 8:00 a 14:00 (xa sei que non entra completamente dentro do meu horario pero pidoo igual a ver que me din)

Eu xa lle enviei unha solicitude por correo electrónico o xerente para facer a xornada continua pero non me contestou nin penso que me conteste.

Envioche adxunto a solicitude (trabuqueime na data de nacemento, é 16/10/2012)

2)Contrato temporal en fraude de ley pois estou facendo labores que non son as citadas no mesmo.

Levo na empresa dende o 28/06/2010 concatenando contratos temporais, enterinidade ... e entendo que foron todos en fraude de ley. Por citar o último, no meu contrato actual "Eventual por circunstancias" pon:
"Atender el incremento inesperado de trabajo derivado de la elaboración del informe sobre la cpacidad estructural de la plantilla de la USC frente  a las diferentes contingencias".
Nesta tarefa estiven traballando uns 3 meses (aínda está sen rematar; agora estoume dedicando a outras cousas) e levo traballando co mesmo contrato dende o 1 de xaneiro do 2013 por 6 meses e  xa firmei unha nova prorroga que remata o 30 de novembro do 2013 (11 meses en total).

A miña empresa e propiedade da USC. A finalidade da mesma e o mantemento dun aplicación web "Xescampus" para xestionar os alumnos, docentes, planos de estudos, etc da Universidade. Traballamos tanto para Santiago como para Vigo ou Coruña aínda que eu estiven case sempre traballando para Santiago (son programas diferentes)  facendo diveras tarefas. Agora mesmo estoume dedicando a resolución de incidencias. Nós temos unha paxina web onde o persoal da universide insire erros que temos que resolver. No meu ultimo contrato estiven traballando tamén  por exemplo para a web http://cursosinternacionais.usc.es durante 1 mes apróximadamente e teño testigos que o poden corroborar.