Enquisa HostaleríaDigna

A CNT inicia conflito con ACNUR

 

 

 

  • As prácticas de ACNUR co seu plantel de captación de fondos exténdese por todo o estado a pesares das condenas xudiciais acadadas.

 O sindicato CNT inicia conflito coa organización dependente de Nacións Unidas e adicada á atención a persoas refuxiadas ACNUR polas pésimas prácticas empresariais adoptadas co seu plantel de captación de fondos.

 A través dunha análise en diversas cidades en todo o estado, o sindicato afirma que ACNUR non aplica o convenio colectivo correcto, aforrándose así unha boa masa salarial, e que é unha práctica «terriblemente frecuente» que cando unha persoa entra a traballar na captación de socias/os, non se lle fai contrato ata que pasan varios días.

 Sinálase desde CNT que estas prácticas non soamente perxudican á persoa traballadora, senon que a falta de contrato tamén constitúe un «fraude á seguridade social e aos petos de todas».

 As prácticas das ONG e das empresas subcontratadas por éstas para levar a cabo a captación de novas persoas socias levan varios anos en entredito. Recentemente a CNT acadou unha sentenza histórica anulando a cláusula de productividade dos planteis de captación en Médicos Sin Fronteras.