Enquisa HostaleríaDigna

14-N: Un paso atrás, tres pasos adiante

 

 

A mañá do 4 de setembro, mais de cinco anos depois de ter lugar os supostos feitos -e dicimos supostos porque a acusación non logrou sustentar os seus cargos con probas, excepción feita das testemuñas policiais-, coñecemos ao fin a sentenza polo xuízo do 14-N, que condena aos nosos compañeirs Jorge e Pablo a unhas penas de un ano e catro anos e nove meses de cárcere respectivamente

A nova caiu na CNT coma unha xerra de auga fría, non tanto desde o lado xudicial -hai posibilidade de recurso e non dudedes de que esta malfeita sentenza será recurrida-,  senón desde o moral. A nosa desconfianza cara o que se ven coñecendo coma Xustiza viuse confirmada. E anque ogallá puidéramos dicir o contrario deste NON-CASO, vemos reafirmada a nosa posición sobre unhas institucións que se por algo se caracterizan e pola súa hostilidade cara o movemento obreiro.

 

Que esperamos? Xustiza. Pero non un novo e agotador proceso onde unhas personaxes teóricamente neutrais avalían sobre unhas probas e testemuñas. O que queremos é o recoñecemento público de que os nosos dous compañeiros foron inculpados falsamente. A absolución. Non cremos nas súas palabras e testemuñas, nós tamén estivemos alí e vimos os videos do ocorrido naquela manifestación.

Esta sentenza foi un paso atrás. Agora daremos tres adiante, despois de comezar pola manifestación convocada por StopRepresionRioja, que o sábado 8 de setembro protestou en marcha desde o chamado Palacio de Xustiza de Logroño. A nosa única defensa é que cada vez mais e mais oídos coñezan este NON-CASO.

Enlazamos o comunicado de resposta á sentenza StopRepresionRioja.