Enquisa HostaleríaDigna

A CNT denuncia as condicións de traballo en CASAL COTÓN

  • A empresa incumpre o convenio colectivo en practicamente todos os seus artigos

  • A CNT denuncia tamén o despedimento dunha traballadora

A CNT interpón unha demanda por despedimento nulo contra a coñecida marca de elaboración de venda de produtos tradicionais motivada pola acción represiva da empresa ante a reclamación dunha traballadora da obrigatoriedade da empresa de converter o seu contrato de traballo en indefinido.

Segundo a central anarcosindicalista o contrato de traballo estaría realizando en fraude de lei, evitando así a contratación indefinida da traballadora, pois “a prestación de servizos establecida no contrato non ten unha finalización concreta así como que as funcións desempeñadas pola traballadora como encargada de tenda son necesidades permanentes da empresa”. A empresa respondeu co despedimento fulminante da traballadora, alegando motivacións económicas.

Segundo a CNT, o despedimento debe ser cualificado de nulo, e polo tanto a traballadora debe ser reincorporada no seu posto de traballo. A CNT nega as causas económicas alegadas, e salienta que se trata “de contas fantasiosas elaboradas pola empresa co único fin de xustificar un despedimento, pero que non reflicten nin unha aproximación ao verdadeiro volume da actividade económica da empresa

Asi mesmo, a central anarcosindicalista denuncia as condicións de traballo nas que se desenvolve o cadro de persoal, con constantes incumprimentos por parte da empresa. En concreto, sinalan entre estes “os contratos fraudulentos para non facer ás súas traballadoras indefinidas, a fraude á Seguridade Social, a obriga de facer horas extras ilegais e non remuneradas, a realización de xornadas interminábeis sen descanso semanal e o pago de salarios por debaixo do sinalado non convenio colectivo de aplicación”.