Enquisa HostaleríaDigna

A CNT constitúe sección sindical nos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) de Brion, Cervo e Muros

A CNT ven de constituír a súa Sección sindical no Grupo de Emerxencias SupraMunicipal (G.E.S.) do Concellos de Brion, Cervo e Muros. Esta sección nace para ser unha ferramenta de loita das traballadoras e traballadores do centro, a través da que canalizar as súas demandas e reivindicacións.  

Desde a CNT destacan que “a estrutura de sección sindical é moito mais forte e eficaz que o modelo representativo, ademais de ser verdadeiramente horizontal. Todas e todos os afiliados teñen o mesmo poder na sección, sen distincións nin xerarquías” e animan “desde xa ao resto de traballadoras e traballadores tanto dos GES como dos propios Concellos de Brion, Muros e Cervo a achegarse á sección, participar dela e avanzar connosco cara unhas mellores condicións laborais e materiais que repercutan tamén nunha mellor atención á cidadanía”. 

Estas seccións sindicais virían unirse á ampla experiencia dos tres últimos anos de traballo coa Sección sindical dos GES de A Guarda o que nos permitiu ir coñecendo as problemáticas xerais do colectivo e o estado actual dos GES en moitos concellos galegos.