Enquisa HostaleríaDigna

CNT convocará folga xeral feminista de 24 horas o 8 de marzo

 

A Confederación Nacional do Traballo, en resposta ao chamamento do movemento feminista e acorde aos principios da organización, convocará o vindeiro 8 de marzo unha folga xeral feminista de 24 horas en todos os sectores, polo que toda persoa de calquera parte do territorio contará con todas as garantías legais para secundar a folga.

 Case un ano despois da histórica folga do 8M de 2018 que mobilizou a millóns de persoas en defensa dos dereitos das mulleres, as razóns que motivaron aquela convocatoria seguen plenamente vixentes. As mulleres seguen enfrentándose día a día a unha sociedade capitalista e patriarcal que lles nega o dereito máis básico á non discriminación. A violencia que se exerce sobre a muller, na súa casa, na rúa ou no traballo, debe ser atacada e anulada polo conxunto da sociedade para aspirar a vivir nun entorno máis xusto e igualitario.

 Como sindicato, CNT afronta cada día a discriminación laboral que sofren as mulleres únicamente polo feito de selo. Nin a lexislación actual nin os tribunais protexen o dereito da muller a traballar en igualdade de condicións que os seus compañeiros homes. Convenios abusivos, falta de ferramentas eficaces para garanter o mesmo salario para desempeños de igual valor, enfermidades non recoñecidas propias do traballo en sectores feminizados, acoso e abuso sexual, son soamente algúns exemplos das condicións que viven as mulleres no seu entorno laboral.

 Ante esta realidade, CNT convocará a toda a clase traballadora a unha folga xeral feminista o 8 de marzo para esixir a eliminación da fenda salarial, tanto directa como indirecta, a eliminación dos obstáculos no acceso e promoción no emprego (chan pegañento e teito de cristal), medidas que faciliten a conciliación da vida laboral e familiar dende a corresponsabilidade, eliminar a reforma da lei de pensións na que soamente o 23% de mulleres chegará a xubilarse con 65 anos, así coma o fin de toda discriminación no traballo ao servizo do fogar familiar.

 Ao igual que o ano pasado, CNT posicionase detrás do movemento feminista e, xunto ao resto de colectivos e organizacións sociais, seguirá traballando para conseguir un verdadeiro cambio político e social onde os coidados sean recoñecidos, valorados e compartidos.

 Porque toda opresión atopará á CNT enfrente, o 8M saliremos ás ruas para unir a nosa forza e contribuir ao éxito da convocatoria.