Se es persoal público temporal podes converter a túa praza en fixa!

Enquisa HostaleríaDigna

Contacta-nos

CNT convoca formalmente folga xeral feminista para o vindeiro 8 de marzo

Este 8 de marzo a CNT volve a situarse detrás do movemento feminista estatal e convoca, tal e como figura no seu mandato, unha folga xeral de 24 horas en todos os sectores laborais. Escoitamos con atención ao movemento feminista e compartimos a súa análise, sendo conscientes da responsabilidade que como organización obreira e feminista temos no momento histórico que nos toca vivir. A folga chamará tanto a mulleres como a homes, igual que o pasado 8 de marzo de 2018.

As mulleres de clase obreira enfrentámonos día tras día a un sistema capitalista e patriarcal cuxa existencia mesma depende da opresión da muller, polo que comprendemos que esta folga non pode circunscribirse soamente ao ámbito laboral. Unímonos ao movemento feminista na esixencia de que o traballo de coidados se equipare ao traballo productivo e sexa recoñecido coma o que é: un valor social de primeira orde sen o cal a sociedade non sobreviviría.

Denunciamos a violencia de xénero coma ferramenta de control patriarcal. As cifras arrepiantes de mulleres asasinadas a mans das súas parellas, exparellas, amigos, familiares, compañeiros de traballo, veciños… en definitiva, a mans de homes coñecidos e descoñecidos, son o aspecto máis extremo e doloroso da violecia estructural que sufrimos as mulleres, pero non o único. Ás mulleres a violecia atravésanos en todos os aspectos da vida: estudos, familia, traballo, sexualidade, cultura…

No ámbito laboral esiximos o fin da fenda salarial, que atinxe a máis dun 20%, conscientes de que existen mecanismos para anulala que non se están poñendo en práctica, tales coma a definición dos elementos determinantes do salario e complementos salariais como contido mínimo dos convenios, a realización de campañas de oficio por parte da Inspección de Traballo, sancións a empresas nas que existe fenda salarial, o establecemento de medidas procesuais individuais e colectivas que permitan o exercicio de accións contra a discriminación indirecta ou a realización dunha diagnose oficial da fenda salarial coa participación dos sindicatos e as organizacións feministas.

Esiximos o acceso ao Emprego e a Promoción Profesional establecendo medidas obxectivas pola vía da negociación colectiva, prohibindo ás empresas que esixan dispoñibilidad horaria fóra da xornada de traballo e obrigándolles a que a formación deba realizarse obligatoriamente dentro do horario laboral.

Esiximos o dereito de información a todos os sindicatos con presenza en cada empresa no referente aos procesos de selección, para garantir a non discriminación, e que se establezan límites legais á liberdade de contratación por ser unha fonte de discriminación indirecta, así coma campañas de oficio da Inspección de Traballo orientadas a comprobar o cumprimento da obxectividade no acceso ao emprego e promoción profesional, con establecemento de sancións específicas ao seu quebrantamento.

Esiximos que os permisos de maternidade e paternidade sexan idénticos, obrigatorios e intransferibles que vaian acompañados de medidas de fomento da corresponsabilidade entre homes e mulleres, establecemento de permisos por emerxencia familiar, obligatoriedade para as empresas con planteis de máis de 250 persoas de contar con servizo de gardería e centro de día para persoas maiores, establecemento como servizo mínimo a prestar polos Concellos de máis de 5.000 habitantes de centros de día e garderías e a derogación do Decreto 20/2012 que, entre outras cousas, elimina a cotización á Seguridade Social das coidadoras non profesionais das persoas dependentes.

No referente ao Emprego ao Servizo do Fogar Familiar, esiximos a ratificación do Convenio 189 da OIT e, polo tanto, a derogación do “carácter especial” de esa relación laboral e a súa inclusión no réxime xeral e no Estatuto dos Traballadores a todos os efectos, incluída a consecuencia da nulidade do despedimento, a intervención da Inspección de Traballo e a consideración das horas “de presencia” como tempo de traballo efectivo.

Esiximos así mesmo o establecemento de medidas de igualdade e non discriminación como contido mínimo de todos os convenios colectivos, con independencia da tamaño da empresa e a obrigatoriedade para todas as empresas de realizar unha análise dos riscos do posto de traballo e específicamente dos riscos durante o embarazo e a lactancia.

En canto ás pensións, esiximos a eliminación da fenda de xénero. Esta fenda deriva da organización social dos traballos, que desvaloriza os coidados, e das discriminacións de xénero existentes no mercado laboral, que provocan que as mulleres teñamos un menor acceso e estemos empregadas menos horas e menos anos ao longo da nosa vida laboral.

A reforma do sistema de pensións acentuou esta fenda de xénero ao ampliar o periodo de cotización preciso para conseguir o total da pensión de xubilación, aumentar o número mínimo de anos cotizados e endurecer as regras de cálculo da pensión. A fenda nas pensións é o resultado dunha sociedade inxusta e misóxina que castiga ás mulleres maiores por ter mantido e seguir mantendo a flote a tres xeracións.

No eido internacional queremos aproveitar unha vez máis para mostrar a nosa solidariedade coa revolución social de Rojava, no centro da cal están as mulleres. Alí foron parte fundamental na formación dunha nova sociedade. Unha forma de organización pluralista baseada na democracia radical, a transformación da mentalidade social machista, na loita contra Dáesh, o estado fascista turco e, sobre todo, a alianza Patriarcado-Estado-Capital. O seu exemplo reafírmanos en que ningunha revolución pode ter éxito sen a plena participación das mulleres.

A CNT estará á altura de estas reivindicacións e irá á folga convencida da victoria. Non aceptamos a tibieza dos sindicatos de concertación que queren facerse a foto ao mesmo tempo que pretenden desactivar o movemento e convertir unha Folga Xeral nunha protesta inofensiva, simbólica e sen capacidade transformadora. Vémonos obrigadas unha vez máis a denunciar a miseria dunhas organizacións que boicotean todas aquelas loitas que non poden controlar.

Tamén nos negamos a que se nos utilice en procesos electorais, ben coma moeda de cambio ou ben coma decorado das distintas campañas. As reivindicacións feministas son un fin en sí mesmas e as mulleres traballadoras non somos reféns de ninguén, por iso utilizamos a folga, unha ferramenta de control obreiro que non permite recuperacións nin manipulacións partidistas.

Este 8 de marzo as mulleres e os homes da CNT iremos á folga conscientes de que calquera pequeño paso atrás pode supor un gran retroceso. Sabemos que máis pronto que tarde a represalia patriarcal estará ao nivel do desafío lanzado polo movemento feminista e que, coma sempre, tendrá ao fascismo e á patronal ao seu carón. Non é momento, polo tanto, de tibieza nin medias tintas.

As mulleres de clase obreira sabemos que este é o noso momento e que esta loita soamente poderemos gañaña desde a unidade, que non uniformidade. Mulleres de diferentes idades, de distintas procedencias, de diversos sectores, no campo, na industria, nos servizos, nas vilas e nas cidades, traballadoras de dentro e fóra da casa… atopándonos onde nos atopamos sempre as mulleres: no apoio mutuo e na solidariedade.

Viva a folga, compañeiras. Se o paramos todo, non poderán pararnos.