Enquisa HostaleríaDigna

A Confederación Nacional do Traballo (CNT) considera que a segunda Folga Xeral Feminista Internacional está resultando «todo un éxito de participación»

Debemos sinalar que pese á coincidencia co período preelectoral, esta xornada foi novamente un éxito xa so polo feito de que se puso novamente sobre as mesas – para non marchar – debates en torno ao machismo, a precariedade e a desigualdade das mulleres na nosa sociedade.

 

Na parte laboral da folga, onde a participación está sendo variada según territorios e sectores, comprobamos que nos sectores máis feminizados, como Telemárketing, a participación está a ser de ata un 50%. Obsérvanse retrasos nos transportes, unha alta participación no sector educativo e incluso na industria, un sector altamente masculinizado, vemos que oscila a participación dun 10% ata un 25%.

En grandes e medianas empresas volvemos a observar maiores tasas de participación que nas pequenas, aínda que en ambas volvemos a recibir este ano queixas de presións, ameazas e enganos actualmente en mans dos nosos servizos xurídicos. Na administración rexístranse casos nos que se inflaron as necesidades dos servizos mínimos, variando a participación dun 30% en Castela e León, ata un 60% en Euskadi.

Houbo gremios que se sumaron á folga como as periodistas, en cuxo ramo houbo paros que incluso chegaron a ser do 100% como en programas como Carne Cruda, a redacción de La Marea, así como traballadoras e colaboradoras de El Salto Diario. En El País as traballadoras secundaron maioritariamente a Folga.

Houbo un amplo seguimento no sector teatral, onde se suspenderon actuacións como El silencio de Elvis e Sex Escape, 33 el musical, El jovencito Frankenstein, etc.

Por territorios, volvemos a atoparnos coa tónica de que a participación nas grandes capitais é amplia, visibilizándose nos piquetes que cortaron os centros das grandes cidades. Nas localidades máis pequenas o cómputo global é bastante inferior, aínda que nas capitales de provincia nótase máis a participación na Folga.

No ámbito estudiantil, o seguemento foi prácticamente total, especialmente no ensino medio e universitario.

 

CNT participou desde o comezo do turno de noito do día de onte en decenas de provincias, tomando parte en ducias de actos, desde caceroladas, pasando por manifestacións nocturnas aos tradicionais piquetes, informando ás traballadoras.

 

Vemos que as mobilizacións da mañá, en principio convocadas por asociacións estudiantís, estanse vendo acompañadas por miles de traballadoras e traballdoras en folga, que as están volvendo a tomar as rúas outro ano máis con accións comúns e participativas.