Enquisa HostaleríaDigna

Contacta-nos

Roteiro Libertario - Monte do Pedroso

 

Roteiro Monte do Pedroso

 

O sindicato convídate a participar no roteiro organizado pola Secretaría de Cultura que se realizará en Compostela, no Monte do Pedroso.

Partirase desde a Alameda (entrada da Porta Faxeira) o vindeiro sábado día 18 de maio ás 11h00. A inscripción é de balde no correo do sindicato compostela@cnt.gal - Grazas á inscripción poderémoste avisar se o roteiro se suspende por condicións climáticas ou loxísticas, máis non é estrictamente necesaria a súa realización.

Aínda que a duración estimada é de 6 horas para percorrer uns 8 km en total, é moi posible que sexa moito máis curta. Todo dependerá dos folgos das persoas que participen, pero hai que ter en conta que a ruta é de escasa dificultade e que faremos paradas para xantar e para admirar as vistas.

Punto de partida: Entrada da Alameda por Porta Faxeira.
Día: sábado 18 de maio
Hora: 11:00
Duración estimada: 6 horas
Distancia a percorrer: Aprox. 8 km

Lembra traer víveres e auga. Imprescincible calzado e roupa cómoda.

Se desexas máis información, non dubides en contactar co sindicato na dirección compostela@cnt.gal