Enquisa HostaleríaDigna

1º de Maio e Xornadas Libertarias Pontevedra 2008

Camiño do Primeiro de Maio

MANIFESTACIÓN da CNT, Pontevedra 2008

13:00 Saida do Edificio dos Sindicatos

13:30 Mitin Praza do Teucro

14:30 Comida Confederal

A Confederación Nacional do Traballo (CNT-AIT) de Pontevedra convoca a todalas traballadoras e traballadores da Bisbarra a Manifestación do Primeiro de Maio.
A Manifestación obreira partirá dende o edificio dos Sindicatos de Pontevedra as 13:00 percorrendo o centro da cidade, e que rematará cun mitin na Plaza do Teucro e unha comida de confraternidade no local do Sindicato.

A CNT en Pontevedra

A anarcosindical de Pontevedra se reconstituiu como sindicato na cidade en 2005, durante estes 3 anos o sindicato tense asentado presentandose coma unha opción sindical enfrontada ao modelo de funcionamento do resto de sindicatos, que se xestionan coma empresas coa financiación de miles de millóns do ministerio de traballo, controlando a conflictividade obreira a traves dos comites de empresa e os miles de liberados que hai anos que non se presentan aos seus postos de traballo e que so fixeron nestes trinta anos de historia desmovilizar a clase obreira.

A CNT non acepta subvencións, non ten liberados e non se presenta as eleccións sindicais, a CNT non pide o voto, senon que boga polas seccións sindicais e a forza da organización e a asemblea; un modelo autoxestionando e que plantexa a solución dos conflictos na accion directa, e dicir, a negociación sen intermediarios entre os traballadores e o empresario. Nos ultimos 3 anos a CNT de Pontevedra ten multiplicado por 4 o seu numero de afiliados e tense asentado con varias seccións sindicais e a resolución de moitos problemas laborais dos seus afiliados e de traballadores que se teñen acercado polo seu local sindical. A CNT de Pontevedra a forman traballadoras e traballadores que se forman a si mesmos na practica do sindicalismo, que se apoian ante calquer situación, e que teñen a sua forza nesta unión.

Cando entras no local da CNT atopas a traballadoras e traballadores que deixan parte do seu tempo libre para solucionar os problemas de todos.

Xunto con Pontevedra nos ultimos anos teñense reconstituido os sindicatos da CNT en Ferrol e Lugo co pulo dun novo sindicalismo que comeza a moverse na Galiza.

Unha pequena historia do 1º de maio

O Primeiro de Maio e a data na que a clase traballadora Mundial celebra a sua capacidade para cambiar a situacion de explotación da maioria por unha minoria. O 1º de Maio de 1889 se convocou a folga xeral en Estados Unidos polas 8 horas de traballo, desa loita foron detidos e colgados en Chicago cinco anarquistas que loitaban xuntos cos demais obreiros pola xustiza social; aos martires de Chicago se lle sumaron nos seguintes anos moitos mortos mais que loitaban polo fin da escravitude dos obreiros asalariados; en 1918 a CNT a traves da folga da Canadiense conseguia as 8 horas de traballo en España, e en 1936 a CNT firma as 35 horas semanais para a construccion en Sevilla, un proceso que se tería sido imparable de non terse levantado o exercito contra o pobo traballador e nopn como nos queren facer pensar, contra unha republica inoperante. O que se logrou cunha clase obreira organizada e unida tense perdido nos ultimos anos cunha clase que non confia nuns sindicatos de xestión e dirixidos por unha clase de burocracia sindical alonxada do traballo.

 

A semana do 21 o 26 de Abril e coma preparacion o 1º de maio a CNT invita a todolas traballadoras e traballadores as II xornadas libertarias de Pontevedra.

XORNADAS LIBERTARIAS 2008

Saude laboral, Saude Social

LUNS

Jose Couso: Crime de Guerra

Proxeccion documental

20:00 Aula do Pazo da Cultura de Pontevedra

MARTES

A autoxestion editorial: a revista Renderen

Membros do colectivo editorial Renderen

20:00 Galeria Sargadelos

MERCORES

Julio Camba no anarquismo Arxentino

Jose Angel Maquieira

20:00 Galeria Sargadelos

XOVES

A educación Antiautoritaria.

de 10:00 a 14:30 Proxeccion de Documentais

 

Presentacion dos proxectos:

Maria Amada Traba. Sociologa. 16:30- 17:00

Iniciativa antiautoritaria Pumariños. 18:00-19:00

Escola O Pelouro. 17:00- 18:00

Facultade de Fisioterapia aula 3 2º andar



14:30 oficina de Correos Pontevedra

Concentracion Xornada Solidaria, conflicto Correos Vigo.

Contra o acoso laboral, por un servicio de correos publico e de calidade

VENRES

MANIFESTACIóN: Non a autorización ambiental ENCE-ELNOSA


Praza da Ferreria 20:30

SABADO

A Conflictividade no sector da Arqueoloxia:
a negociacion do I Convenio da Arqueoloxia en Cataluña e Galiza.

membros da Seccion da CNT en Codex

Salon de Actos Edificio dos Sindicatos 19:30