Enquisa HostaleríaDigna

Non hai solución estatal para Palestina

galiza palestina

O chamado conflito palestino non é novo. A actual intervención do exército israeliano na franxa de Gaza ven de moi atrás. O ataque ven a continuación do bloqueo durante o suposto “cesar o fogo”, de consecuéncias terribeis, que destruiu os lares dos habitantes de Gaza, arruinou a infraestrutura civil e provocou un desastre humanitário, pola prática dunha violéncia selvaxe e indiscriminada con centos de mortos por parte do exército israeliano.

Mas non se pode esquecer que o conflito é mais profundo que o simples ataque dun exército a un território limítrofe. Trata-se de algo mais tráxico, trata-se dun enfrentamento polo controlo político e militar dunha zona na que, sexa cal for o resultado deste enfrentamento, o povo palestino non verá melloradas as suas condicións.

O povo palestino sufrirá a opresión do fundamentalismo relixioso sob un réxime xudeu ou árabe. Sufrirá a explotación sob calquer governo, Hamas, Al-Fatah, ou calquer partido sionista que eventualmente puidese dominar a zona, xa que non cuestionan o sistema capitalista nen son mínimamente favorabeis ao exercício de liberdades básicas. Sufrirá a violéncia dos exércitos, toda vez que un estado e outro son beneficiados dunha extensión permanente do conflito armado que lexitime o controlo violento da populazón.

Como anarquistas e internacionalistas que somos, apoiamos todas as luitas organizadas à marxe dos governos, como as dos Comités dos Povos en Cisxordania e Gaza, e apoiamos as luitas d@s israelian@s que rexeitan ir à guerra e luitan contra ela, como @s Anarquistas contra o Muro. Mas non aos grupos que chaman @s palestin@s a seren asasinad@s por un dos exércitos máis avanzados do mundo en función dos seus intereses políticos.

Así, a solución para o povo palestino pasa pola posta en marcha de propostas comunitárias e anti-estatais. Pasa por negar e eliminar o controlo e a participación do Estado nas suas vidas. Pasa por impulsar práticas comunitárias, nas que se elimine a propriedade privada e as relacións se asenten na igualdade e no livre pacto entre o conxunto da sociedade. Pasa por impulsar relacións pacíficas e de colaboración cos povos viciños, à marxe de estados, étnias e relixións. Pasa, en definitiva, por poñer en prática a auto-xestión integral das suas vidas, a emancipación dos poderes militares, políticos e relixiosos. Unha solución que, por ser difícil, non deixa de ser correcta. Calquer solución que supoña ciclos de conflito sen fin, non é unha solución.

Para alén, é nosa obriga non só mostrar a nosa solidariedade máis profunda co sofrimento do povo palestino e a dignidade da sua luita. Tambén debemos identificar aos cúmplices deste sofrimento, que no Estado Español operan desde as cámaras parlamentares.

Partidos que abertamente defenden o direito ao xenocídio por parte de Israel. Partidos que buscan hipocritamente amparo en resolucións internacionais e que fornecen de armas ao exército israeliano de maneira crescente ataque após ataque. Partidos que na sua actuación parlamentar aproban os orzamentos militares do Estado e os informes sobre o controlo de comércio exterior de material de defensa e de uso duplo, nos que se decide a venda de armas a Israel para ataques xenocidas como o presente, e logo nun exercício burlesco de hipocresia saen à rua a condenar un xenocídio do que son parte culpábel.

Partidos todos eles, no Estado Español, no Estado Israeliano, no Estado Palestino, que provocan a militarización permanente do mundo, a extensión de conflitos bélicos que sempre padece o povo (estima-se que o 90% de mortos nas guerras actuais son civís), que fan do terror o cotidiano para millóns de persoas.

Condenamos a existéncia de todos os estados e con todas as letras chamamo-los polo seu nome: SON TERRORISTAS E SON ASASINOS, e afirmamos que non hai solución que non pase pola liberación integral de todos os povos e todas as persoas do mundo. Que non pase por unha mudanza social sob os princípios do comunismo libertário