A CNT abre conflito coa empresa Limpiezas Piscis polo noso compañeiro que realiza funcións de condutor/limpador e na súa categoría só consta limpador. Esta diferenza supón unha diminución substancial na súa nómina todos os meses e reclamamos ás cantidades adebedadas desde o inicio do contrato, diñeiro que tamén lle corresponde ao afiliado.
Seguir lendo A CNT inicia conflito coa empresa Limpiezas PiscisA CNT inicia conflito coa empresa Limpiezas Piscis
Apoiamos as iniciativas veciñais e condenamos ao Proxecto Altri
O pasado 29 de febreiro aprobouse no Parlamento Galego por unanimidade, o proxecto de construcción dunha megafactoría de lyocell, unha fibra textil a base de celulosa, que pretende instalarse na localidade de Palas de Rei.
Seguir lendo Apoiamos as iniciativas veciñais e condenamos ao Proxecto Altri25 abril: Cazolada pola fixeza no TSXG
A CNT insta ao Concello de Cervo a cumprir coa prevención de riscos para o persoal do GES
No ano 2023 a CNT demandou ao Concello de Cervo por incumprimento do estipulado en materia de prevención de riscos en relación do persoal do Grupo de Emerxencias Supramunicipal.
Seguir lendo A CNT insta ao Concello de Cervo a cumprir coa prevención de riscos para o persoal do GESO persoal público temporal fixo parte da investidura de Rueda
O persoal público temporal está farto xa da súa situación indefinida de abuso e reclama que as Administracións públicas cumpran xa coas disposicións do Tribunal Europeo de Xustiza.
Acudiron en representación dos traballadores do Consorcio galego de Igualdade e Benestar, dos bombeiros forestais, de Augas de Galicia, do resto da Xunta de Galicia e doutras administracións públicas galegas caracterizadas pola fraude e o abuso do persoal temporal.
Trala denuncia da CNT o Concello de Poio debe avaliar a carga de traballo do persoal
A Inspección de Traballo obriga ao Concello de Poio elaborar unha avaliación e planificación específica en materia de prevención de riscos psicosociais
O requirimento deriva da inasumible carga de traballo do persoal de limpeza
Cazolada pola fixeza na investidura de Rueda
Este sábado 13 de abril o persoal público temporal está chamado a protestar pola fixeza na investidura do presidente Rueda na Igrexa de San Domingos de Bonaval.
Seguir lendo Cazolada pola fixeza na investidura de RuedaMelloras nas condicións de traballo en Kid&Us
A sección sindical da CNT no centro de traballo de Compostela da academia Kid&Us (xestionado pola empresa English4People) ven de asinar un acordo coa empresa segundo o que se melloran as condicións de traballo e se asume a reparación dos incumprimentos laborais que foran denunciadas pola sección.
Seguir lendo Melloras nas condicións de traballo en Kid&Us3 abril: Charla fixeza en San Caetano
Nova victoria sindical para a CNT en Teiga TMI
O persoal do SPIF denuncia o incumprimento da Xunta en materia de PRL
A situación é alarmante en canto ao alcance e variedade dos incumprimentos da Xunta de Galicia, e fálase dunhas condicións moi precarias en canto á prevención de riscos.
A Sección Sindical da CNT no SPIF mantivo unha reunión coa Xefatura Provincial da Coruña de Seguridade e Saúde Laboral para tratar a abordaxe dos incumprimentos nesta maneira por parte da Xunta de Galicia.
O Tribunal Supremo anuncia que non aplicará a sentenza do TXUE sobre o persoal indefinido non fixo
O Pleno da Sala Cuarta do Tribunal Supremo, en sesión non xurisdiccional, considera que non sabe como aplicar a STXUE de 22 de febreiro de 2024 sobre personal indefinido non fixo aos múltiples recursos pendentes de resolución, e acorda formular unha cuestión prexudicial ante o propio TXUE para que lle indique como facelo.
Seguir lendo O Tribunal Supremo anuncia que non aplicará a sentenza do TXUE sobre o persoal indefinido non fixoFin do conflito no Mercado Boanerges
Finalizado o conflito coa empresa cun acordo favorable para o noso compañeiro.
Seguir lendo Fin do conflito no Mercado BoanergesPuño no alto mulleres do mundo
Neste 8 de marzo de 2024, Día Internacional da Muller Traballadora, desde o sindicato da CNT volvemos reclamar xustiza e igualdade para as mulleres, reivindicando as formulacións e obxectivos da organización anarquista Mulleres Libres, a quen tanto debe a clase obreira. Case un século despois do nacemento desta organización, as mulleres seguimos tendo moito polo
que loitar.
Charla informativa sobre a sentenza TXUE de 22-2-24
Este luns 26 ás 19h a través da canle de youtube da CNT Galiza (youtube.com/@cntgaliza) daremos unha charla informativa sobre a recente sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea que afecta ao persoal público temporal.
Seguir lendo Charla informativa sobre a sentenza TXUE de 22-2-24O TXUE pronuncíase contra o abuso do persoal público temporal no Estado Español
A CNT esixe ás administracións públicas a conversión a fixo do persoal temporal en fraude
- Sentenza do TXUE pronúnciase claramente contra o abuso do persoal público temporal no estado español
- Anímase tamén a todo o persoal afectado a non deixar pasar a oportunidade de reclamar a conversión a fixo.
Seguir lendo O TXUE pronuncíase contra o abuso do persoal público temporal no Estado Español