Enquisa HostaleríaDigna

Burguer King pagou o que debia

O conflito que o SOV de Compostela mantiña coa franquícia compostelá da multinacional Burguer King, dá-se por rematado ao acceder a empresa ao pago íntegro das reclamacións deste sindicato.

No mes de Xaneiro, unha traballadora filiada à CNT era despedida do Burguer King, onde traballaba, estando de baixa laboral tras sufirir um accidente de tráfico. O empresário recoñeceu o despido como improcedente e depositou no Xulgado a indemnización correspondente.

Desde a CNT consideramos que desta maneira a compañeira non quedaba saldada, pois realizaba unha xornada moi superior á que figuraba no seu contrato e nas nóminas non se pagaban estas horas extraordinárias, nen se cotizaba por elas na Seguridade Social.

Logo de diversas negociacións entre o empresário e o sindicato, aplicando o princípio de non mediación que nos distingue, sen acudir aos tribunais, a CNT conseguiu que se lle pagasen à compañeira a totalidade das horas que traballou na empresa e que se cotizasen estas horas na Seguridade Social, acadando entre outros benefícios para a traballadora unha suba da baixa por accidente que lle corresponde.