Enquisa HostaleríaDigna

Solidariedade co despedido de Ryanair en Zaragoza

ryanair CNTDomingo 3 de Maio, meia dúcia de compañeiras e compañeiros da CNT-Compostela deslocamo-nos ao aeroporto de Labacolla, que é o aeroporto da cidade, para concentrarmo-nos perante as oficinas da compañia Ryanair.

Este acto realizou-se en solidariedade co compañeiro despedido en Zaragoza da Sección sindical da CNT en Ryainair.

Deixamos o aeroporto ben lindo con panfletos colados en toda canta coluna habia, repartimos 300 panfletos, desplegamos a faixa de solidariedade e despois de mais de unha hora dentro do aeroporto, fomo-nos embora.

POLA DIGNIDADE DO TRABALLO EN RYANAIR
BASTA DE REPRESIÓN SINDICAL


Estimad@ usuári@, estimad@ traballador/a:

Mediante este panfleto a C. N. T. informa sobre as medidas anti-sindicais que utiliza a compañia de aerolíneas Ryanair cos seus empregados, sendo claro exemplo destas o recente despido do delegado da Sección Sindical que este sindicato tiña na sede da empresa no Aeroporto de Zaragoza. Este traballador foi reprimido non só pola sua filiación sindical, o que xa supón un atentado contra os direitos máis elementais dos traballadores, senon tamén por reclamar o seguinte:

Que se levantase unha redución de xornada imposta a primeiros de xaneiro do presente ano. Convén explicar que tal redución non se corresponde cunha redución equivalente na carga de traballo, pois os horários dos voos foron reestruturados, pero non se anulou prácticamente nengún, de xeitoo que a situación actual é de maior carga de traballo en menos tempo, e cobrando menos.

Que se dese un mínimo de estabilidade laboral aos traballadores, substituindo os actuais contratos temporais por outros indefinidos, entendendo que unha plantilla menos suxeita a variacións e máis tranquila poderia realizar mellor o seu traballo.

Ao parecer, estes puntos tan sinxelos son para Ryanair motivo suficiente para deixar na rua a quen os prantexa e a quen exerce o seu direito à Liberdade Sindical, incluso apesar da grave situación económica que atravesamos. Informamos asimesmo que a empresa ofreceu ao traballador unha indemnización a cámbio de aceptar o cese, pero que tanto o compañeiro en cuestión como este sindicato somos claros ao respeito: queremos traballar con dignidade, non diñeiro a cámbio de despidos.