Enquisa HostaleríaDigna

Nin recortes de dereitos nin reforma laboral

Cafeteria Warhol paga o que debes!!

A cafeteria Warhol esta na rua Dolores nº 54 de Ferrol, o seu dono chamase Massimiliano Mariella, e segun comenta na prensa local gustanlle moito o caldo galego e os callos, pero o que xa non lle gusta tanto e pagar a xente que traballa nos seus negocios. Debe ser que para ter un coche estupendo e unha moto de gran cilindrada de algun lugar ten que sacar os cartiños, asi que debeu de pensar que para vivir estupendamente nada mellor que contratar e non pagar, asi o fixo no restaurante rigoletto no que algun traballador ainda anda agardando a que lle page os seis mil e pico euros que lle adebeda, e asi o esta tentando facer con unha compañeira da C.N.T. que traballaba no "Warhol cafe" antes de que a despedise alegando "causas obxetivas" aproveitando a ultima reforma laboral do PP. Entre nominas atrasadas e finiquitos, a cantidade que lle adebeda a nosa compañeira esta nos 8.400 euros. O que non sabia o nachiño, e que na galiza aparte de caldo e de callos tamen hai organizacions obreiras con dignidade, e que casualmente unha das suas traballadoras forma parte da C.N.T. e neste sindicato non tragamos con que nos rouben e menos alegremente.

Valoración da folga polo sindicato da C.N.T. en Ferrol

O S.O.V. da C.N.T. de Ferrol valora favorablemente a participación cidadá na convocatoria de folga xeral do pasado 14 N, tanto no paro, que pode considerarse total na nosa bisbarra, como na multitudinaria manifestación que non foi quen de recorre-lo centro na metade desa xornada de loita obreira.

14N: Crónica da Folga Xeral da CNT de Galiza

 

A xornada de Folga Xeral da CNT de Galiza este 14N veu precedida de varios actos previos para tentar quentar o ambiente: o 6N e 7N charlas nos servizos centrais da Xunta, o 10N manifestación da CNT galega en Compostela, o 12N concentración en Ferrol e rondallas polas rúas de Compostela que tamén se repetiron o 13N.

Crónica da xornada de folga do 14N en Compostela

 

Arredor de 40 compañeiras e compañeiros, entre afiliación e simpatizantes, reunímonos na madrugada no local do sov de Compostela. Nin o frío nin o lento e constante pasar dos coches das forzas de represión, xa a esas horas facendo rexistros aleatorios na rúa e enchendo as súas libretiñas de delatores, impediron que o noso piquete saíra para as cocheras da Tralusa, onde os afiliados de UGT, CCOO e CIG destacaban pola súa ausencia.

Comunicado da CNT da Coruña ante a falsa información nos medios sobre detidos da CNT

Informamos ao seu medio de que na Coruña, hoxe 14 de novembro, non houbo ningún detido da CNT nin ningún incidente "protagonizado" pola CNT.

Crónica da manifestación do 10N en Compostela

CNT mani 10NEste pasado 10 de Novembro a CNT realizou unha manifestación polas ruas de Compostela contra os recortes e chamando á participación activa na Folga Xeral do vindeiro 14N.

Esta convocatoria tiña carácter rexional, acudindo compañeiros de diversos sindicatos da CNT da Galiza, e contando tamén con compañeiros do sindicato CUT (Central Unitaria de Traballadores) e de colectivos sociais de Compostela como a Asamblea Aberta.

Manifestación da CNT en Vilagarcía de Arousa o 14N as 20:00 horas, saída na Casa do Mar

Con motivo da folga xeral do vindeiro 14 de novembro o Sindicato de Oficios Varios da CNT de Pontevedra fará piquetes informativos ó longo de toda a xornada tanto en Pontevedra capital coma en Vilagar

Manifestación en Compostela o 10 de Novembro

xornadas micoloxicas CNT

Continuando coa campaña contra os recortes, a Rexional da Galiza da CNT convoca unha manifestación en Compostela para o sábado 10  de Novembro


Saida: as 12:00 horas desde a Praza Roxa.


Mitin final: as 13:30 horas na Praza de Cervantes.

 

Ë hora de loitar!, a por todas!