Enquisa HostaleríaDigna

Nin recortes de dereitos nin reforma laboral

A CNT de Ferrol chama á participación na folga xeral do 29 de setembro

Na Galiza, as condicións de traballo nunca foron boas. Nin no mundo do mar, nin en terra, as clases traballadoras teñen desfrutado de salarios dignos, xornadas horarias razonábeis nin condicións de seguridade no traballo e estabilidade no emprego. E, malia todo, un goberno chamado “socialista” ven de dar unha volta de rosca máis, aprobando unha reforma laboral para facilitar o despedimento, para introducir a máxima flexibilidade dos contratos, para impoñer a mobilidade xeográfica e funcional.

Diante desta agresión, toda a forza é pouca. Resulta indispensable a unión de toda a clase traballadora na defensa dunhas condicións de traballo mínimamente dignas. Non hai que enganarse, os partidos maioritarios (PSOE e PP) e boa parte dos minoritarios traballan a prol da imposición desta reforma laboral. O empresariado agarda estes cambios para controlar con máis facilidade á clase traballadora e maximizar os seus beneficios co mínimo risco. Fica claro que non hai nada máis inxenuo que pensar que o sindicalismo criado nas ubres do PP e do PSOE vaia ser quen de darlle a volta a esta situación.

29-S. Folga Xeral en Betanzos

A CNT de Betanzos adhirese á a manifestación convocada polo Sindicato Labrego Galego para o día 29 de Setembro, día da Folga Xeral.

Concentración en Bertamiráns contra a reforma laboral: cara à folga xeral

concentracion reforma laboral folga xeral compostela bertamirans CNT

 

Continuando coa campaña que a CNT de Compostela está a desenvolver a nova reforma laboral e de chamada ao seguimento da folga xeral convocada para o vindeiro mércores 29 de Setembro, e da mobilización que a CNT convoca às 12:30 da xornada de folga, con saida desde a Praza Roxa. Desta volta, un grupo de militantes cenetistas concentrábase na Praza do Concello de Bertamiráns para informar aos traballadores e traballadoras dos motivos para secundar esta folga e continuar a enfrentar-se às reformas laborais e cortes de direitos por parte do governo do PSOE.

Concentración no Polígono do Tambre contra a reforma laboral: cara à folga xeral

concentración reforma laboral folga xeral CNT polígono do tambre

 

A CNT de Compostela continua na sua campaña de axitación contra a nova reforma laboral e de chamada ao seguimento da folga xeral convocada para o vindeiro mércores 29 de Setembro. Desta volta, un grupo de militantes cenetistas concentrábase no Polígono do Tambre para informar aos traballadores e traballadoras dos motivos para secundar esta folga e continuar a enfrentar-se às reformas laborais e cortes de direitos por parte do governo do PSOE.

Concentración e mitin en Bertamiráns contra a reforma laboral: cara à folga xeral

25/09/2010 18:00

Un novo acto público organizado pola CNT de Compostela para denunciar os atropellos desta nova reforma laboral. Desta volta concentrarémonos este sábado 25 de setembro na Praza do Concello ás 18:00h.

Concentración e mitin no Polígono do Tambre contra a reforma laboral: cara à folga xeral

23/09/2010 19:00

Un novo acto público organizado pola CNT de Compostela para denunciar os atropellos desta nova reforma laboral. Desta volta concentrarémonos este xoves 23 de setembro no Polígono do Tambre ás 19:00h.

Concentración contra a reforma laboral: cara à folga xeral

concentracion reforma laboral folga xeral compostela CNT

 

Mais unha vez, a CNT de Compostela saiu à rua informar aos traballadores e traballadoras da agresión aos nosos direitos que supón a reforma laboral aprobada definitivamente con forma de lei polo governo español no pasado dia 9 de Setembro, e da necesidade da celebración dunha folga xeral desde a que comece a se canalizar a oposición da clase traballadora contra as medidas neo-liberais e anti-operárias do governo do PSOE.

Concentración contra a reforma laboral

16/09/2010 19:00

Un novo acto público organizado pola CNT de Compostela para denunciar os atropellos desta nova reforma laboral. Desta volta concentrarémonos este 16 de setembro na Praza de Galicia ás 19h.

Charla sobre a reforma laboral en Ferrol

29/07/2010 20:30

A Federación Local da CNT de Ferrol inicia a súa campaña de mobilizacións cara á folga xeral do 29 de setembro contra a reforma laboral e os recortes sociais.