Enquisa HostaleríaDigna

Nin recortes de dereitos nin reforma laboral

A CNT de Ferrol participou nas mobilizacións pola folga do persoal da función pública

A Federación Local de Ferrol da CNT secundou a folga declarada na administración pública contra os recortes salariais do goberno do PSOE. Para facer efectiva a súa protesta pola rebaixa dos salarios das traballadoras e traballadores da administración, o sindicato participou na manifestación celebrada entre a Avenida de Esteiro e a praza de Armas, e repartiu un panfleto explicando a súa postura diante dos recortes sociais aos funcionarios e pensionistas. Diante da existencia de dúas manifestacións separadas, unha protagonizada polos sindicatos CC.OO., UGT e CSIF, e outra convocada pola CIG, a Federación Local da CNT decidiu unirse á convocatoria do sindicato nacionalista.

Buscamos a cova de Alí Babá. Percurso polos bancos de Compostela

Na mañá do xoves 10 de Xuño, un grupo de militantes da CNT de Compostela saimos à rua a buscar a famosa cova de Alí Babá. Tiñan-nos dito que era un lugar no que se agochaban corecta ladróns e onde gardaban os botíns das suas pillaxes e roubos vários. A nós pareceu-nos que debia estar nalgún dos grandes bancos que se erguen fachendosos no centro da cidade, e alá fomos perguntar se Caixa Nova, Caixa Galicia, Banesto, Santader, BBVA, Barclays ou Bankinter, son a mítica cova, e de paso intentar ver se atinabamos co botín que durante tantos anos os bancos e o sistema capitalista nos leva roubado à clase traballadora, en base a xuros para financiar o expólio de recursos do mundo enteiro, impostos para rescatar bancos, comisións de todo tipo para lle mercar iates e mansións aos donos dos bancos, servizos públicos privatizados para o seu benefício...

A Federación Local da CNT de Ferrol convoca ao persoal da administración pública á folga do día 8 de xuño

08/06/2010 00:00

Fronte á política de recortes nos salarios dos empregados públicos, a Federación Local da CNT de Ferrol convoca aos traballadores e traballadoras do sector público á folga xeral do próximo martes 8 de xuño de 2010.

Outra nova tomadura de pelo

Após que a caixa pública saira en rescate dos bancos privados en Estados Unidos e Europa; tras meter milleiros de millóns de euros e dólares nos petos dos banqueiros; tras soterrar milleiros de millóns de dólares e euros apañados vía impostos nas guerras de Iraque e Afganistán, agora resulta que as persoas que vendemos a nosa vida ao Capital para poder cobrar un salário son as culpabeis da crise económica e temos que chincharnos.

Os empregados públicos son culpables da crise... qué a paguen!

É lóxico que o pobo e, sobre todo, os empregados públicos, teñamos que cargar co custe da crise financeira, porque tódolos datos proban a nosa culpabilidade.

Concentración en Bertamiráns: nen recortes nen reforma laboral

concentración en Bertamiráns

A tarde do sábado 5 de Xuño, un grupo de militantes da CNT de Compostela proseguian coa campaña contra os recortes sociais e a nova reforma laboral que nos tirou enriba o PSOE. A primeira hora da tarde, cando os veciños de Bertamiráns comezaban a pasear polo mercado do centro da vila, @s militantes despregaron unha faixa alusiva ao tema e comezaron a repartir panfletos entre os veciños, informando de como o PSOE e o capital están a precarizar ainda mais a situación da clase traballadora, ao tempo que un compañeiro mitineaba polo altofalante sobre como o PSOE lanza todas as reformas anti-obreiras que lle dicta o capital e a clase empresarial, coa colaboración activa e desmobilizadora de CCOO e UGT, ao termpo que se chamaba à mobilización e à fogla xeral como única maneira de frear este novo ataque aos direitos dos traballadores e das traballadoras.

Venres 18 de Xuño. Concentración na Praza do Campo de Betanzos.

O Venres 18 ás 20,30 horas a CNT convoca a unha concentración na Praza do Campo de Betanzos para protestar contra a politica de recortes sociáis do governo, contra a Reforma Laboral e a Reforma das Pensións.

Concentración e mítin en Milladoiro contra os recortes sociais e a reforma laboral do PSOE

15/06/2010 19:30

O martes 15 de Xuño convoca-se a unha concentración e mitin às 19:30 sobre a reforma laboral que nos prepara o PSOE e os recortes sociais que tamén nos van caer enriba.<

Concentración en Compostela en protesta contra os recortes laborais e sociais do PSOE

foto da concentración no Toral

Este mércores 26 de Maio a CNT de Compostela realizou un novo acto de protesta en contra dos recortes de direitos sociais e laborais que o governo do PSOE anunciou nos últimos dias. O acto consistiu nunha concentración celebrada no Praza do Toral, na que se informou aos viciñ@s de Compostela sobre estes recortes.