Enquisa HostaleríaDigna

Laboral

Novas de caracter laboral

Crónica do Primeiro de Maio

 

  • A CNT manifestouse pedindo xustiza social e laboral en varios puntos do estado.
  • En Galiza, as manifestacións tiveron lugar en Ourense e Compostela.

Este Primeiro de Maio, día da clase traballadora, as rúas enchéronse de bandeiras libertarias nas manifestacións da Confederación Nacional do Traballo.

Porque este Primeiro de Maio foi diferente do resto; este Primeiro de Maio foi feminista e a partires de agora todos serán igual. Viñamos dunha convocatoria de folga feminista o 8M, un feito histórico, e a coñecida sentenza da manada non fixo máis que espir o patriarcado que sufrimos. As mulleres estamos en pe de guerra e nada nos parará.

En Compostela, desde a Praza 8 de Marzo, e en Ourense, desde a Ponte Romana, a CNT reclamou xustiza social, xustiza laboral, e enmarcou os seus discursos en temas afíns á clase traballadora: o machismo, a loita polas pensións, a educación e a xustiza.

Primeiro de Maio: Manifestación en Compostela

 

  • Manifestación do Primeiro de Maio da CNT, ás 12:30 na Praza 8 de Marzo (Compostela)

 Enmarcado dentro dun ambiente de mobilizacións, tras a Folga Feminista do 8M, as masivas manifestacións contra a Lei Mordaza, a loita pola Defensa das Pensións Públicas, as protestas en Catalunya, entre outras moitas mobilizacións, a CNT comeza a campaña de difusión do Primeiro de Maio, visibilizando á muller como promotora e cabeza visible da loita sindical en Galiza.

 Con esta campaña, primeira no tempo despois da Folga Feminista do 8M, CNT quere manter viva a flama da protesta, para manter o pulso ao governo da mordaza, da conxelación das pensións e salarios, as reformas laborais, a precarización dos servizos e persoal público e o machismo institucional.

Nova reclamación exitosa de teletraballo na Xunta

  • Informático da Xunta de Galicia consegue as 3 xornadas semanais de teletraballo
  • CNT afianzase como referente na defensa dos dereitos de conciliación na Xunta

Unha nova reclamación da CNT respecto do teletraballo na Xunta remata de maneira exitosa. Desta volta, un compañeiro informático a quen se lle denegaron as 3 xornadas semanais solicitadas viuse na obriga de presentar demanda en materia de dereitos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral contra a súa resolución de teletraballo.

Novo convenio no sector TIC

 

  • Tras nove anos de negociacións, CCOO e UGT firman no sector un convenio que empeora ao anterior.
  • A CNT convoca ás persoas afectadas por esta perda de dereitos colectiva a unha charla informativa o próximo día 12 de abril. Será no CSC Aurelio Aguirre (Conxo) en Compostela, ás 19:30.

O pasado 6 de marzo publicouse no BOE o convenio que se aplica maioritariamente nas empresas do sector TIC.

Despois de 9 anos de negociacións, CCOO como principal sindicato na mesa negociadora, decidiu non mellorar o convenio e ceder ante a patronal en puntos de suma relevancia. Durante case unha década non houbo chamadas á mobilización e a información que chegaba ao persoal do sector foi escasa. Antes do fin de 2017 a filiación do sindicato CCOO decide aprobar o acordo, a pesares de que a votación contou cunha participación inferior ao 30% e sendo os votos a favor menos da metade. Finalmente decántase a decisión que afecta a todo o sector. A CNT califica o resultado como «decepcionante» e indican que «se perdeu unha boa oportunidade para poñer un convenio á altura dun sector con tanta relevancia na economía actualmente».

Pórtico Comunicaciones, condenada por realizar un ERTE ilegal

  • A CNT suma unha nova senteza favorable nun caso de expediente de regulación de emprego irregular.

A empresa Pórtico Comunicaciones, adicada á elaboración e producción de contidos audiovisuais foi demandada pola Confederación Nacional do Traballo o pasado mes de maio tras a imposición dun ERTE que afectou ao 25% do plantel.

O traballo levado a cabo polos servizos xurídicos do sindicato logrou desartellar as «causas organizativas e productivas que a empresa alegaba», acadando unha sentenza estimatoria que inclúe que as persoas afectadas non soamente serán repostas nos seus postos de traballo, senon que ademáis, «a sentenza reflexa que a empresa deberá abonar os salarios deixados de percibir dende o 4 de outubro, que é a data na que se adoptou a medida».

A CNT concéntrase diante de Time Road para esixir a readmisión da compañeira represaliada

  • Por terceira vez, a CNT visita as dependencias de Time Road para informar á veciñanza das prácticas da empresa.

Por terceira vez a CNT concéntrase diante da xoiería e reloxería Time Road en Compostela, desta vez para esixir a readmisión da compañeira do sindicato que foi despedida tras demandar á empresa polo pago dunha débeda que, por certo, aínda está pendente.

A CNT demanda á empresa de bisutería TIME ROAD por despedimento nulo

 

 

A empresa Time Road, adicada ao comercio de xoiería e bisutería, enfrontábase a un conflito sindical tras a demanda, o pasado novembro, dunha afiliada da CNT polo recoñecemento de salario e categoría que realmente lle corresponden.

Time Road realizou un despedimento disciplinario á traballadora que demandou o recoñecemento da súa categoría, co consecuente aumento de salario, o pasado mes de novembro. Non é algo extrano, mais aínda nos sorprende coma sindicato, a capacidade dalgunhas empresas para construir realidades que podan xustificar un despido disciplinario -sen indemnización, sen preaviso- deste calibre. En palabras da empresa “por graves y reiterados incumprimentos contractuais, que
son constitutivos de graves transgresións da boa fe contractual, así coma dun reiterado abuso de confianza no desenvolvemento do traballo que ten encomendado”.

A CNT demanda a EULEN e a COMBINA SOCIAL por despedimento nulo

  • Combina Social S.L. foi adxudicataria do servizo de auxiliares nocturnos nos internados dos centros de formación e experimentación agroforestal dependentes da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, do que era anterior titular EULEN.

 CNT Galiza ven de demandar ás empresas EULEN e COMBINA SOCIAL pola non subrogación dun traballador que prestaba servizos para a primeira das empresas e que, segundo o sindicato, debeu ser subrogado cando Combina Social se converteu na adxudicataria do servizo.

FolgaFeminista8M: A revolución sera feminista ou non será

Videocrónica da CNT da greve levada a cabo no 8 de marzo de 2018, laboral, de consumo, de coidados, estudantil e de 24h.

 

 

CNT califica de «éxito rotundo» a xornada do 8M

 

Nunha xornada froito da autoxestión, do asamblearismo e da soriridade, decenas de miles de persoas sairon ás rúas en Galiza para manifestarse no Día da Muller.

«Haberá tempo para facer unha análise máis detallada, mais esta xornada soamente se pode calificar como histórica e ao nivel da folga da Canadiense. Hoxe naceu algo que vai gañar o que se propoña», sinala o comité de CNT Galiza.

As estimacións de seguimento das mobilizacións chegan a cifrar a asistencia ao redor de 40.000 persoas en Compostela, 50.000 en Vigo e 35.000 na Coruña, cifras que convertirían as manifestacións nas máis exitosas da historia de Galiza.

A CNT de Galiza seguirá apoiando de xeito rotundo as reivindicacións do movemento feminista e colocándose detrás del, lembrando que a loita non fixo máis que comezar.