Enquisa HostaleríaDigna

Social

Novas de caracter social

Apoio ao Liceo de Estribela

Dende CNT-Pontevedra queremos expresar o noso apoio ó CSO Liceo de Estribela, e ás persoas que fixeron posible a creación deste novo centro social, rescatando un edificio condenado ó abandono e creando un espacio liberado e autoxestionado, organizado horizontalmente para e polo pobo.

II Flotilla da Liberdade... Apoia-os!!

BDS-IsraelManifestamos o noso apoio á II Flotilla da Liberdade, formada por unha coalición internacional de máis de 20 países, que sairá en xuño destino Gaza con material escolar, sanitario e de construcción, co obxectivo de por fin a un bloqueo ilegal que o goberno de Israel impón á Faixa desde o 2006.

Se a vivenda é un luxo, okupar é un dereito

Onte a primeiras horas da mañá foi desaloxada pola policía nacional a Casa das Atochas. Un Centro social okupado con tres anos de actividade ás súas espaldas.

Tres anos de tertulias, de concertos, de talleres, de aprendizaxe e de comunidade; de loita contra a especulación, de autoxestión e de demostración de que é posible facer as cousas de outro xeito.