Enquisa HostaleríaDigna

Allariz

CNT celebra a súa II Asemblea Xeral este sábado día 6

 

 

A CNT de Compostela celebra no comezo do outono a súa Asemblea Xeral con toda a afiliación do Sindicato. Neste importante comicio pretendemos valorar a actividade desenvolvida ata o momento e elaborar planos de traballo para o futuro.

A data escollida para a súa celebración será o sábado 6 de outubro, comezando pola mañá as 10:00h e rematando ás 14:00h, facendo unha interrupción para xantarmos todas xuntas no local, o xantar será de balde e estará composto de petiscos vexetarianos, tortillas e empanadas principalmente. Coméntanos sen problema calquera cuestión alimentaria (alerxias, intolerancia...). Reanudaremos a Asemblea pola tarde a partir das 16:00h.

Trátase dun evento importante para o noso Sindicato, pois nel valoraremos a xestión do Comité elixido na anterior Asemblea Xeral, e marcaremos entre todas e todos o camiño que seguiremos de aquí en diante. É por iso que necesitamos contar con unha grande asistencia.

Palestra informativa sobre a situación do GES - Allariz

A CNT organiza unha nova palestra informativa dirixida a todos os traballadores e traballadoras dos GRUPOS DE EMERXENCIAS SUPRAMUNICIPAIS (GES) que terá lugar o

XOVES 20 DE SETEMBRO ÁS 18:00

NO LOCAL DA CNT EN ALLARIZ (OURENSE)

Camiño do Castelo 10, (por tras da Igrexa de Santo Estevo).

Ver no mapa


Nesta palestra comentarase polo miudo as posibilidades de denuncia da fixeza dos contratos do persoal do GES tras a última sentenza xudicial conseguida polo GES de A GUARDA. Esta sentenza declara fixa a súa relación laboral e existe a posibilidade de iniciar demandas semellantes no resto de GES da Galiza.

II Xornada de loita estatal contra as listas de espera na sanidade

CONCENTRACIÓNS XOVES 24 MAIO

  • OURENSE 12h30 | Hospital Nª Sª de Cristal - Ramón Puga Nogerol 54
  • COMPOSTELA 11h30 | Hospital Clínico Universitario - Travesa da Choupana s/n.

Máis de 600.000 persoas esperan unha intervención cirúrxica en todo o estado (unha de cada cinco, máis de seis meses), mentres que en 2008 eran 364.000 persoas, o que indica que nestes anos de recortes o número case se duplicou. Respecto da lista de espera diagnóstica, case 2 millóns de persoas están á espera da primeira consulta co especialista, cun tempo medio de espera de case 60 días.

Nestes últimos anos o “colo de botella” pasou do quirófano ao diagnóstico (primeira cita co especialista), atrasándose aínda máis a atención dos enfermos, ocorrendo que haxa persoas que falecen antes de ser diagnosticadas ou recibir tratamento.

 

Crónica do Primeiro de Maio

 

  • A CNT manifestouse pedindo xustiza social e laboral en varios puntos do estado.
  • En Galiza, as manifestacións tiveron lugar en Ourense e Compostela.

Este Primeiro de Maio, día da clase traballadora, as rúas enchéronse de bandeiras libertarias nas manifestacións da Confederación Nacional do Traballo.

Porque este Primeiro de Maio foi diferente do resto; este Primeiro de Maio foi feminista e a partires de agora todos serán igual. Viñamos dunha convocatoria de folga feminista o 8M, un feito histórico, e a coñecida sentenza da manada non fixo máis que espir o patriarcado que sufrimos. As mulleres estamos en pe de guerra e nada nos parará.

En Compostela, desde a Praza 8 de Marzo, e en Ourense, desde a Ponte Romana, a CNT reclamou xustiza social, xustiza laboral, e enmarcou os seus discursos en temas afíns á clase traballadora: o machismo, a loita polas pensións, a educación e a xustiza.

Xornada de loita estatal contra as listas de espera. 25 DE XANEIRO DE 2018

 

 

O proceso planificado de privatización e deterioro do sistema sanitario, posto en marcha desde hai anos, está dando desgraciadamente os seus froitos: interminables listas de espera (que además se desplazaron do quirófano ao diagnóstico); incremento dos seguros sanitarios privados; aumento das diferenzas entre territorios; e sobre todo moita dor e sufrimento para a poboación traballadora e/ou excluída.

Fronte a esta gravísima situación, colectivos de diversos puntos do estado chamamos a relizar movilizacións, o próximo 25 de xaneiro, ante os centros sanitarios. Contra as listas de espera e a mercantilización do sistema sanitario. Por unha atención sanitaria digna. Porque hai solucións, ainda que os políticos non queiran velas.

A CNT concentrarase nos seguintes puntos o vindeiro 25 de xaneiro:

  • OURENSE: Na porta principal do Hospital Nuestra Señora de Cristal, ás 12:00.
  • COMPOSTELA: Na porta principal do Hospital Clínico Universitario, ás 20:00.

Aquí podes ver a octavilla e o díptico.

CNT organiza a presentación do libro colectivo "Se vende sanidad pública"

 

 

  • CNT organiza a presentación do libro "Se vende sanidad pública" en tres núcleos galegos, Allariz, Ourense e Santiago de Compostela.
  • Juan Antonio Gómez Liébana, coordinador da obra colectiva, é tamén membro da Coordinadora Anti-Privatización da Sanidade, fundada en 2004 para axuntar esforzos e loitar por un sistema sanitario de calidade.

Todo o que deberías saber sobre a privatización pero ninguén te quere contar.

Desde o sistema de citas médicas ata as bolsas de sangue poden ser un negocio. E vai máis aló, porque co sistema de xestión clínica responsabilízase aos propios profesionais médicos da redución do gasto, e mesmo chegaron a percibir incentivos de 40.000 euros anuais. As consecuencias, dramáticas, son ben perceptibles en materia de incrementos na mortalidade e na presenza de determinadas enfermidades, de desnutrición, de suicidios ou de abandono dos anciáns, lembra Carlos Taibo no prólogo desta obra.

 

A CNT solidarízase coa folga indefinida en Servicarne no Porriño

  • En apoio cos compañeiros e compañeiras de Servicarne no Porriño.
  • Os traballadores e traballadoras de Servicarne no Porriño veñen de iniciar unha folga indefinida promovida pola CIG para melloraren as súas condicións laborais.

greve em servicarne porrinho

Mais dos 80% dos traballadores e traballadoras secundaron a folga que foi adoptada como medida perante a imposibilidade de diálogo por parte da dirección de Servicarne.

Como ven denunciando a CNT nos últimos meses, as condicións laborais en que se encontran os traballadores e traballadoras da subcontrata Servicarne son de importantes niveis de explotación.

Iniciativa para a mellora das condicións en Servicarne

  • O documento pretende a mellora das condicións laborais
  • Cinco propostas serán presentadas na próxima asemblea xeral
  • Inclúe melloras na participación asemblear

Servicarne

As traballadoras e traballadores de Servicarne propoñen unha serie de medidas para a mellora das condicións laborais en Servicarne-Coren.

Cinco propostas foron presentadas no pasado martes, 8 de marzo, nunha concentración ás portas da planta de Servicarne-Coren en Ourense xunto a unha recolla de sinaturas para apoiar esta iniciativa.

Estas propostas, que serán presentadas na próxima asemblea xeral da cooperativa, van dirixidas a todas e redundarán no beneficio de todas por igual.

O obxectivo é mellorar substancialmente as condicións laborais como traballadoras e traballadores e os dereitos como socios e socias cooperativistas.

Presentación do libro “Indios, negros y otros indeseables. Capitalismo, racismo y exclusión en América Latina y El Caribe”

17/10/2015 19:00

O C.S.A. Cambalhota de Allariz e CNT-Allariz, con motivo da celebración do 12 de Outubro presentan, o día 17 do mesmo mes, a partir das 19:00, o libro“Indios, negros y otros indeseables. Capitalismo, racismo y exclusión en América Latina y El Caribe” de Paco Gómez Nadal.

Breve Crónica do 1º de Maio-2015 en Ourense

Co1º maio 2015 - Ourensemo vén sendo habitual dende hai xa un par de anos o NC de CNT en Allariz convoca á manifestación do 1º de Maio xunto co Bloque Crítico de Ourense, formado por sindicatos de clase, movementos sociais, feministas e estudantís.