Enquisa HostaleríaDigna

Sanidade

A CNT constitúe sección sindical no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

   

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

A sección nace para ser unha ferramenta de loita das traballadoras e traballadores no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, a través da que canalizar as demandas e reivindicacións específicas do persoal da entidade da Xunta de Galicia. O plantel afiliado ten o convencemento de que a estrutura de sección sindical é moito mais forte e eficaz que o modelo representativo, ademáis de ser verdadeiramente horizontal. Toda a afiliación ten o mesmo poder na sección, sen distincións nin xerarquías.

 Desde a sección anímase ao resto de traballadoras e traballadores tanto do Consorcio como da propia Xunta de Galicia a achegarse ás seccións sindicais da CNT, participar delas e avanzar cara unhas mellores condicións laborais en materias que repercutan tamén nunha mellor atención á cidadanía.

II Xornada de loita estatal contra as listas de espera na sanidade

CONCENTRACIÓNS XOVES 24 MAIO

  • OURENSE 12h30 | Hospital Nª Sª de Cristal - Ramón Puga Nogerol 54
  • COMPOSTELA 11h30 | Hospital Clínico Universitario - Travesa da Choupana s/n.

Máis de 600.000 persoas esperan unha intervención cirúrxica en todo o estado (unha de cada cinco, máis de seis meses), mentres que en 2008 eran 364.000 persoas, o que indica que nestes anos de recortes o número case se duplicou. Respecto da lista de espera diagnóstica, case 2 millóns de persoas están á espera da primeira consulta co especialista, cun tempo medio de espera de case 60 días.

Nestes últimos anos o “colo de botella” pasou do quirófano ao diagnóstico (primeira cita co especialista), atrasándose aínda máis a atención dos enfermos, ocorrendo que haxa persoas que falecen antes de ser diagnosticadas ou recibir tratamento.