“Accidentada” reunión informativa sobre a estabilización en San Caetano

Este martes 24 de maio programouse en San Caetano (Compostela) unha charla informativa sobre estabilización na Xunta de Galicia. A xornada iniciouse coa sorprendente negativa de abrir o salón de actos previsto para a charla. Tras varias xestións e tras descubrir que este veto á información proviña de Función Pública, os máis de 60 asistentes desprazáronse ata o hall de Presidencia do edificio administrativo para facer alí mesmo a charla.

Seguir lendo “Accidentada” reunión informativa sobre a estabilización en San Caetano

Este martes 24 de maio de 2022 a Sección sindical da CNT na Xunta organiza unha charla informativa sobre o proceso de estabilización do persoal público temporal.

A charla terá lugar este 24/5/22 ás 10h no salón nº2 de San Caetano (Compostela)
Na charla, expoñeranse as últimas novidades da OPE e as convocatorias de estabilización na Xunta; situarémonos na realidade actual para ver as liñas de acción que recomendamos desde o sindicato.
Non faltes, o teu futuro está en xogo!!

Seguir lendo Este martes 24 de maio de 2022 a Sección sindical da CNT na Xunta organiza unha charla informativa sobre o proceso de estabilización do persoal público temporal.

A Xunta ten dous meses para cumprir a sentenza pola que o Tribunal Supremo recoñecía o dereito á carreira profesional a todo o persoal, fixo ou temporal

Agora a Xunta debe cumprir a sentenza nun prazo de dous meses. Entendemos que cumprir a sentenza non seus termos implica abrir de oficio un novo procedemento para que o persoal acredite cumprir os requisitos para acceder ao grao I da carreira profesional e retrotraer os seus efectos económicos á data de 1 de xaneiro de 2019.

Seguir lendo A Xunta ten dous meses para cumprir a sentenza pola que o Tribunal Supremo recoñecía o dereito á carreira profesional a todo o persoal, fixo ou temporal

A CNT consegue a primeira sentenza de fixeza entre o persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais da Xunta de Galicia

A CNT obtén unha vitoria xudicial pola que o Xulgado do Social número 1 de Ourense recoñece a fixeza a un traballador da Xunta no seu posto de traballo. A sentenza reitera a argumentación recente do Tribunal de Xustiza da UE e do Tribunal Supremo, impoñendo a fixeza como sanción efectiva aos 21 anos de fraude na contratación do traballador.

Seguir lendo A CNT consegue a primeira sentenza de fixeza entre o persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais da Xunta de Galicia

O Tribunal Superior de Xustiza confirma o dereito á fixeza do persoal temporal de listas

A CNT obtén unha vitoria xudicial pola que o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza recoñece a fixeza a unha traballadora da Xunta no seu posto de traballo. A sentenza reitera a argumentación recente do Tribunal de Xustiza da UE e do Tribunal Supremo, impoñendo a fixeza como sanción efectiva aos 16 anos de fraude na contratación da traballadora.

Seguir lendo O Tribunal Superior de Xustiza confirma o dereito á fixeza do persoal temporal de listas
Nova sentenza de fixeza na Xunta de Galicia

Nova sentenza de fixeza na Xunta de Galicia

Na CNT continuamos na loita xudicial pola estabilidade do persoal das administracións públicas e valoramos moi positivamente cada unha das sentenzas estimatorias de fixeza que se están a dar, cada vez en máis ámbitos. Estas sentenzas dan a razón aos argumentos de fixeza esgrimidos polo Gabinete Xurídico da CNT fronte ao fraude na contratación e o abuso na temporalidade existente no sector público.

Seguir lendo Nova sentenza de fixeza na Xunta de Galicia

A REALIDADE DOS CENTROS DE DÍA PÚBLICOS DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL A MENOS DUNHA SEMANA DA APERTURA: NON PODERÁN ABRIR CON GARANTÍAS DE PREVENCIÓN ANTE OS CONTAXIOS POR CORONAVIRUS

Seguir lendo A REALIDADE DOS CENTROS DE DÍA PÚBLICOS DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL A MENOS DUNHA SEMANA DA APERTURA: NON PODERÁN ABRIR CON GARANTÍAS DE PREVENCIÓN ANTE OS CONTAXIOS POR CORONAVIRUS

Xullo quente na Administración pública

O Encontro galego do persoal público temporal, do que fai parte a CNT, acorda na asemblea deste pasado 25 de xuño realizar dous actos neste próximo mes electoral como medida de protesta e visibilización da problemática dos traballadores e traballadoras públicos en fraude de lei.

* Cadea humana en Compostela o 4 de xullo ás 12h na Alameda

* Caceirolada  ante o tribunal superior de Xustiza de Galicia en A Coruña o 15 de xullo ás 11:30h

Seguir lendo Xullo quente na Administración pública

Encontro persoal público temporal o xoves 25 de xuño ás 17h

Desde CNT facemos un novo chamamento a todas as organizacións, colectivos e todo o persoal temporal de calquera Administración Pública a participar dun novo encontro aberto o vindeiro xoves 26 de xuño ás 17h no salón de actos da Consellería de Sanidade en San Lázaro (Compostela). Por motivos sanitarios acude coa túa máscara.

Seguir lendo Encontro persoal público temporal o xoves 25 de xuño ás 17h
Call Now ButtonChámanos