Enquisa HostaleríaDigna

Betanzos

CNT celebra a súa II Asemblea Xeral este sábado día 6

 

 

A CNT de Compostela celebra no comezo do outono a súa Asemblea Xeral con toda a afiliación do Sindicato. Neste importante comicio pretendemos valorar a actividade desenvolvida ata o momento e elaborar planos de traballo para o futuro.

A data escollida para a súa celebración será o sábado 6 de outubro, comezando pola mañá as 10:00h e rematando ás 14:00h, facendo unha interrupción para xantarmos todas xuntas no local, o xantar será de balde e estará composto de petiscos vexetarianos, tortillas e empanadas principalmente. Coméntanos sen problema calquera cuestión alimentaria (alerxias, intolerancia...). Reanudaremos a Asemblea pola tarde a partir das 16:00h.

Trátase dun evento importante para o noso Sindicato, pois nel valoraremos a xestión do Comité elixido na anterior Asemblea Xeral, e marcaremos entre todas e todos o camiño que seguiremos de aquí en diante. É por iso que necesitamos contar con unha grande asistencia.

Estación de Servizo Coirós: Low cost igual a fraude e explotación.

O pasado venres 29 de xaneiro, integrantes do sindicato de oficios varios da CNT de Ferrol concentrámonos á entrada da E.S. Coirós para denunciar os abusos alí cometidos contra unha compañeira, despedida por pretender cumprir o horario de traballo polo que estaba contratada.

ES Coirós

Na Coruña e Vigo continuase a presionar aos donos de La Barraca

Tras o peche do local de Betanzos, CNT continua a manifestarse nas cidades de Vigo e A Coruña, onde os "empresaurios" de La Barraca intentan pasar desapercibidos.

La Barraca non readmite, pecha e non paga: CNT denuncia

A pesar de existir tres sentenzas xudiciais que obrigan ao establecemento hostaleiro a readmitir ás tres compañeiras despedidas tras declararse o despido nulo nun clarísimo caso de represión sindical

CNT penetra nas Estacions de Servicio

files/chofa.jpg