Enquisa HostaleríaDigna

Compostela

Pola readmisión da despedida no Pizza Móvil de Compostela

http://www.cntgaliza.org/files/P1000062.JPG
O pasado xoves dia 12 de Abril, celebraba-se no SMAC o acto de conciliación entre a empresa Pizza Móvil e a nosa compañeira M.C., despedida pola sua actividade anarcosindialista. A empresa negou-se a aceitar as xustas demandas da traballadora (readmisión inmediata e cese da persecución á afiliación da CNT), coa prepoténcia típica deste tipo de empresas escravistas. Pola nosa parte, se Pizza Móvil quere conflito, daremos-llo.

Concentración no 4º cabodano do asasinato de José Couso

http://www.cntgaliza.org/files/couso.jpg
Este xoves dia 12 de Abril de 2007, a CNT convoca na Praza Roxa de Compostela, às 20 horas, unha concentración en lembranza do asasinato de José Couso e contra a ocupación do Iraque, exixindo responsabilidades aos governantes que provocaron este xenocídio.

Concentracións pola readmisión da despedida en Pizza Móvil

http://www.cntgaliza.org/files/P1000019.JPG
Continuando coa campaña que a CNT estamos desenvolvendo para exixir a readmisión da nosa compañeira despedida en Pizza Móvil, onte mércores concentrabamo-nos novamente na porta dos establecementos que esta empresa ten na Rua de Orfas e na Praza de Vigo.

Celebración de San Precario

Hoxe 30 de marzo de 2007 a Sección Sindical do Siega (Informática da Consellería de Educación) festexa o día de San P

Xornada de folga no Sergas

Dende a CNT de Santiago solidarizamonos co persoal do Sergas de toda Galicia que se manifestaba hoxe en Compostela, como complemento á xornada de folga, para reclamar unha carreira profesional digna.

Nova acción en Barcelona pola readmisión da despedida en Pizza Móvil en Compostela

http://www.cntgaliza.org/files/pizzabcn.jpg
O venres 23 de marzo volveron concentrar-se unha dúcia de compañeir@s de CNT-Barcelona ante un local de Pizza-Móvil, esta vez na rua calle Galileo de Las Corts.

Accións pola readmisión da despedida de Pizza Móvil en Compostela

Onte mércores, militantes da CNT de Compostela volvian concentrar-se diante de dous establecementos que a empresa Pizza Móvil ten abertos en Compostela para exixir a readmisión da compañeira do sindicato despedida após constituir-se a sección sindical da CNT na empresa e ser elexida secretária da mesma.

Feliz... feliz en tu día...

Hoxe 19 de marzo a Sección Sindical da CNT do Siega (Informática da Consellería de Educación) quere adicar a súa folla informativa á empresa IECISA (Informática del Corte Inglés S.A.) con motivo da

Solidariedade en Barcelona coa despedida en Pizza Móvil

http://www.cntgaliza.org/files/pizza barna.jpg

O venres 18 de marzo concentraron-se unha dúcia de compañeir@s de CNT-Barcelona, no Pizza Movil de c/Sardenya con Travessera de Gràcia. No piquete despregou-se unha faixa enfrente do establecemento, e repartiron-se centos de panfletos alusivos ao despido da delegada de CNT en Compostela, e pedindo o boicot á cadea en solidariedade coa situación de indefensión na que deixaron á traballadora. Buzoneou-se o bairro, arredor da pizzaria, así como os coches aparcados nos arredores. Entre as escenas destacabeis da xornada, a de várias veciñas que decidiron non comprar no establecemento dando meia volta amosando así o rechazo a Pizza Movil por non respeitar os direitos d@s suas traballador@s. Prévio ao piquete, entrou unha delegación de CNT a informar á plantilla do conflicto que mantemos coa cadea; pedindo por unha parte desculpas anticipadas polo malestar que lles puideramos ocasionar, e por outro lado ofrecendo o apoio do sindicato aos posibeis problemas que puideran ter. Desde CNT seguiremos difundindo a campaña de boicot a Pizza Movil en todo o Estado, e que xa está tendo unha boa acollida pol@s veciñ@s e traballador@s. Mentres esta empresa siga pisoteando os direitos d@s suas traballador@s, e -sobretodo- até que non readmitan inmediatamente á delegada sindical de CNT en Compostela, a anarcosindical seguirá boicotando á empresa.

A USC con Pizza Movil : por unha dieta sana?

A CNT de Compostela, coñecedora do envío de correos electrónicos ao alunado por parte da USC, anunciando que a empresa Pizza Movil patrocinará un concerto o vindeiro 12 de Abril e que a entrada ao mesmo ascende a 20 euros, quere comunicar-lle ao Señor Reitor e aos Vice-Reitores encargados que a USC cae bastante baixo prestando-se a ser carteira de empresas privadas.