Enquisa HostaleríaDigna

Compostela

Todo fica atado e ben atado. A respeito do anteproxecto de lei de Memória Histórica.

http://www.cntgaliza.org/files/memoria.jpg Sabemos que as leis favorecen a perpetuación do sistema capitalista que sufrimos. Sabemos que quen fai a lei, fai a trampa, e que as leis serven tamén para dar apariéncia de cámbio, de mudanza da situación para, ao final, que todo continue igual.

A perversión do sistema capitalista

Na mudanza que a nivel mundial se está a producir e que leva o nome de Neoliberalismo e Mundialización, este País non podía ficar fóra.

Coas suas particularidades, coa sua história, cos seus recursos. A queima incontrolada do monte en Galiza, os lumes terroristas que prenderon os catro pontos cardinais do País teñen unhas orixes diversas mais hai algo que non se nos escapa: hai intereses inmobiliarios. Haberá que seguir as pegadas dos grandes grupos construtores galegos e non tan galegos para ver en que remata a xogada incendiária.

O governo tamén é responsábel

http://www.cntgaliza.org/files/suarez.jpgSe ben hai meses recebemos a boa notícia de que este ano a Consellaría de Medio Rural da Xunta de Galiza ia invertir un maior orzamento para os traballos de prevención dos incéndios (37 millóns de euros dos 69 destinados á loita contra o lume) o certo é que este ano conta-se con menos meios que nunca para afrontar a temporada de incéndios.

A web Consellaria de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible non informa da vaga de incéndios

Hoxe, día 11 de agosto de 2006, compañeiras experimentadas realizaron unha pescuda na Internet para localizar novas e informacións várias sobre os lumes que traen a ruina aos montes da Galiza. Como era lóxico, remataron acudindo á web da Consellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible na que un empoleirado Pachi Vázquez da a benvida, con pose institucional e aires napoleónicos.

2000 persoas saen á rua para protestar contra os incéndios

foto das persoas que saen á rua para protestar contra os incéndios
Convocadas espontáneamente, aló menos duas mil persoas participaron nunha concentración e posterior manifestación para expresar a sua raiba, dor, tristeza, ante a vaga de incéndios que desde fai unha semana está a devastar a nosa terra.

Mercadona ofrece á CNT cincuenta millóns de pesetas polo despedimento de todos os folguistas

http://www.cntgaliza.org/files/mercadona.jpg

Os empregados retoman as protestas en Barcelona cunha manifestación esta tarde

Estado + Capital = Terrorismo meio-ambiental

Unha vez máis, un ano máis, asistimos con desesperación á queima descontrolada do monte na Galiza. Unha vez máis terroristas meio-ambientais levan a cabo un ecocídio que se repite constantemente na Nosa Terra. Os galegos e as galegas estamos fartos de ver como se destrue repetidamente este País en nome dos intereses do Capital galego e de fóra.

Concentración contra a guerra

Este xoves día 27 convocamos unha concentración contra a guerra que Israel está a desenvolver no Líbano.
Queda para ás oito da tarde na Praza Roxa.

Esperamos ver-vos a tod@s

Homenaxe na Illa de San Simón aos represaliados no alzamento fascista

O pasado domingo dia 23 de Xullo tivo lugar na Illa de San Simón, onde se situa un tristemente célebre presídio polo que pasaron centos de militantes antifascistas, unha homenaxe a todos os loitadores e loitadoras que na Galiza fixeron fronte ao monstro fascista.