Enquisa HostaleríaDigna

Documental "A Ceo Aberto" e debate co director Xosé Bocixa

24/04/2012 20:00

Este martes, 24 de abril, ás 20 h.,proxectarase no local da CNT (rúa
Washington, 36, detrás da Casa do Home) o documental "A Ceo Aberto", sobre a loita que os veciños da aldea das Encrobas, Cerceda, levaron a cabo en 1975 para salvar as súas terras, expropiadas para a mina que surtiría á Central de Meirama.

A proxección contará coa presenza do seu director, Xosé Bocixa, co que
se falará tras o documental.