Enquisa HostaleríaDigna

Proxección "Un año de dictadura en España en imágenes" en Vigo

 

Xoves 27 de marzo 

En CNT-AIT Vigo ás 20:00h

 

En CNT-AIT Vigo continuamos coa campaña "Marzo Antirrepresivo" para protestar contra este sistema policial e carcelario, que emprega as súas leis unicamente para protexer os privilexios da clase non-traballadora, esa vaga e parásita.

Así, proxectamos este xoves 27 ás 20h no local sindical o documental "Un año de dictadura en España en imágenes", que amosa as consecuencias reais (esas que ocultan o goberno e os seus medios de comunicación) dos recortes que estamos a sufrir: desafiuzamentos, tortura policial, pobreza, racismo... e que dan conta da dictadura na que estamos a vivir.

Un documental censurado polo goberno "democrático" do PP, pero que non puido silenciar e que volve estar na rúa... PORQUE NON NOS VAN CALAR!!

                                           Basta xa de represión e torturas!!

                                       Contra os seus muros e as súas porras,

                                            UNIÓN, ACCIÓN, AUTOXESTIÓN!!

 

SOV CNT-AIT Vigo

R/Príncipe, nº 22 (Galerías Comerciais), 1º andar, local 34

tlf/fax: 886.116.558

sov@vigo.cnt-ait.es