Enquisa HostaleríaDigna

A xustiza condena a Combina Social tras a demanda de CNT

 

Combina Social S.L. foi adxudicataria do servizo de auxiliares nocturnos nos internados dos centros de formación e experimentación agroforestal dependentes da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, do que era anterior titular EULEN.

 CNT Galiza demandou en marzo ás empresas EULEN e COMBINA SOCIAL pola non subrogación dun traballador que prestaba servizos para a primeira das empresas e que, segundo o sindicato, debeu ser subrogado cando Combina Social se converteu na adxudicataria do servizo.

 O traballador comezou a traballar no ano 2016 cun contrato fixo discontinuo coma auxiliar especialista, pero en febreiro deste ano cambiou a empresa adxudicataria e, tras serlle notificado pola súa empresa que sería subrogado na nova, Combina Social comunicou que “non ía a subrogar a ningún traballador de EULEN”.

Tras a celebración do xuízo, recóllese na sentenza a condena a COMBINA SOCIAL por despedimento improcedente e terá que readmitir ao traballador no seu posto de traballo ou indemnizalo.