Enquisa HostaleríaDigna

A CNT constitúe sección sindical na UTE Servicios Sanitarios de la Coruña – Ambulancias María Pita

A CNT ven de constituír a súa Sección sindical na UTE Servicios Sanitarios da Coruña – Ambulancias María Pita, empresa que se dedica á fornecer os servizos de transporte sanitario non urxente da EOXI da Coruña. Esta sección nace para ser unha ferramenta de loita das traballadoras e traballadores do centro, a través da que canalizar as súas demandas e reivindicacións.  

Desde a CNT destacan que “a estrutura de sección sindical é moito mais forte e eficaz que o modelo representativo, ademais de ser verdadeiramente horizontal. Todas e todos os afiliados teñen o mesmo poder na sección, sen distincións nin xerarquías” e animan “desde xa ao resto de traballadoras e traballadores to servizo, con contratos celebrados fraudulentamente por outras empresas do mesmo grupo, a achegarse á sección, participar dela e avanzar connosco cara unhas mellores condicións laborais e materiais que repercutan tamén nunha mellor atención á cidadanía”. 

A denuncia das represalias tomadas pola empresa contra a plantilla que reclama os seus dereitos laborais, as condicións de seguridade e hixiene nas que desenvolven o seu traballo e a mellora do servizo serán as prioridades inmediatas da sección sindical.