Enquisa HostaleríaDigna

CNT reivindica ante os grupos parlamentarios e a patronal as esixencias para o 8M

 

  • CNT Galiza comeza coas pertinentes reunións cos grupos parlamentarios, coa consellería de traballo e co CEGA para abordar a situación de precariedade laboral e violencia social que sofren as mulleres.

A Confederación Nacional do Traballo da Galiza, ao igual que o ano pasado, responde ao chamamento dos diversos colectivos feministas e convocará folga xeral de 24 horas o vindeiro 8 de marzo.

Por este motivo, a CNT solicitou reunións cos grupos parlamentarios, coa consellería e co CEGA (Confederación de Empresarios de Galicia), como requisito ineludible para legalizar a convocatoria e para poder compartir a análise da desvantaxe das mulleres con respecto ao xénero masculino no ámbito laboral, así como discutir as propostas de resolución e a mellor maneira de levalas a práctica.