Enquisa HostaleríaDigna

A CNT denuncia as prácticas ilícitas de CONSTRUCCIONES Y FONTANERÍA DEZA SL

  • A CNT demanda a contratación en fraude de lei
  • A empresa adebeda milleiros de euros aos seus traballadores

A CNT vén de demandar a CONSTRUCCIONES Y FONTANERÍA DEZA SL polas súas continuas prácticas ilícitas e contrarias aos dereitos dos traballadores. Segundo a CNT, “a empresa realiza contratos temporais sen causa e encadenados de maneira permanente para cubrir postos que en realidade son estruturais”, polo que entenden que en realidade a modalidade contratual que se debía aplicar é a indefinida.

Así mesmo a central anarcosindical denuncia outros incumprimentos como a contratación por categorías profesionais inferiores ás reais, o impago da totalidade das pagas extras e de certos pluses, a realización de horas extras sen aboar, así como a negativa a permitir o goce do periodo mínimo de vacacións, e solicita o cobro das cantidades adebedas por todos este conceptos.