Enquisa HostaleríaDigna

Pontevedra contra o xenocidio Palestino

Sábado 10 de xaneiro, 20:00h Praza da Peregrina

A CNT convoca, xunto a organizacións sindicais, políticas e sociais de Pontevedra, unha manifestación en repulsa ao xenocidio que o estado de Israel está a perpetrar na actualidade, e contra o sistema de campo de esterminio que se está a levar a cabo en Gaza; unha situación que leva 60 anos pesando sobre as cabezas de toda a humanidade.

PAREMOS O XENOCIDIO!!

SOLIDARIEDADE CON PALESTINA!!

A manifestación percorrerá: Praza da Peregrina, Daniel de la Sota, Castelao, Sagasta, Benito Corbal, Michelena, Gutierrez Mellado, Riestra, Alameda, Subdelegación do Goberno.

Organizacións convocantes: CNT, CCOO, UGT, CIG, CGT, Amarante, Asociación Marroquí de Pontevedra, Asociación Multicultural Sinfronteras, Asociación pola Defensa da Ría (APDR), Briga, Federación de Veciños Teucro, Redes Escarlata, Verbo Xido.