Enquisa HostaleríaDigna

Laboral

Novas de caracter laboral

Constituída Sección Sindical da CNT no Ateneo Ferrolán

 

As traballadoras do Ateneo Ferrolán, afiliadas a SOV CNT de Ferrol, decidimos constituír a Sección Sindical o pasado 10 de xaneiro de 2013 (data que comunicáselle á entidade) á vista dos últimos acontecementos que o Concello de Ferrol impón ao Ateneo, e que varían de forma substancial ás nosas condicións laborais.

Xuízo contra 18 persoas por participar nun piquete da CNT Ferrol

Con respecto ao conflito sindical que mantemos co dono da Cafetería Warhol polo despido improcedente e a débeda contraída cunha compañeira, o SOV da CNT de Ferrol comunica que  o pasado 6 de marzo -data de celebración do xuízo- dito empresario, Massimiliano Mariella, quedou emprazado por conciliación pre-xudicial a pagar a cantidade de 11.000 €.

Acto de apoio a CNT Sevilla en Vilagarcía de Arousa

telepizzaEn solidariedade cos compañeiros da CNT Sevilla despedidos por Telepizza a CNT Arousa organizou un piquete informativo o sábado 9 de marzo ao mediodía as portas do local desta empresa en Vilagarcía, e sumouse así as accións que nese día desenroláronse no conxunto do Estado.

Crónica do 15F contra o paro en Galiza

Este 15 de febreiro de 2013 os sindicatos de CNT-Galiza mobilizaronse na rúa pola repartición do traballo e da riqueza nunha xornada de acción contra o paro enmarcada dentro da campaña "Que o paro non te pare!".

Primeira concentración do conflicto Stella

Ás 20.00 de onte, xoves 14, compañeiras e compañeiros de CNT Compostela concentrámonos diante do café-bar Stella. Os motivos son a reclamación do pago da débeda que o empresario ten con compañeiras e compañeiros do sindicato e que se nega a saldar, e tamén denunciar a desvergoñada explotación que este samesuga exerce sobre os seus empregados.

Cafetarías El Santiagués e Stella, líderes da explotación laboral da hostalaría de Compostela

el santiagues CNTstella CNT

Coñecido por todos os veciños e veciñas da cidade é o feito de que na zona vella de Compostela, lugar turístico excelente e xacobeo, se practica a máis infame da explotacións laborais. Tamén coñecido por todos os veciños e veciñas de Compostela é que uns dos lugares onde mellor se practica esta explotación é nas cafetarías El Santiagués (na Praza da Quintana, agora fechada) e Stella (na rúa do Franco).

Cafeteria Warhol paga o que debes!!

A cafeteria Warhol esta na rua Dolores nº 54 de Ferrol, o seu dono chamase Massimiliano Mariella, e segun comenta na prensa local gustanlle moito o caldo galego e os callos, pero o que xa non lle gusta tanto e pagar a xente que traballa nos seus negocios. Debe ser que para ter un coche estupendo e unha moto de gran cilindrada de algun lugar ten que sacar os cartiños, asi que debeu de pensar que para vivir estupendamente nada mellor que contratar e non pagar, asi o fixo no restaurante rigoletto no que algun traballador ainda anda agardando a que lle page os seis mil e pico euros que lle adebeda, e asi o esta tentando facer con unha compañeira da C.N.T. que traballaba no "Warhol cafe" antes de que a despedise alegando "causas obxetivas" aproveitando a ultima reforma laboral do PP. Entre nominas atrasadas e finiquitos, a cantidade que lle adebeda a nosa compañeira esta nos 8.400 euros. O que non sabia o nachiño, e que na galiza aparte de caldo e de callos tamen hai organizacions obreiras con dignidade, e que casualmente unha das suas traballadoras forma parte da C.N.T. e neste sindicato non tragamos con que nos rouben e menos alegremente.

Non hai nadal para o anarcosindicalismo ferrolan.

Nestas ultimas semans, datas de falsa e hipocrita felicidade, ademais do incomprensible discurso do Borbon, tanto polo que di, como polo xeito en que o di, a realidade da clase traballadora dista moito de ser un remanso de paz. Non hai un só dia en que non teñamos pelexar por que non nos arrinquen os poucos dereitos que aínda temos despois dos ultimos anos de alternancia no goberno, tanto polo PP, como polo PSOE. Na comarca de Ferrol cambiamos os villancicos por consígnas, o gorro de papanuel polas parcartas, e as zanbombas polas bandeiras vermellas e negras, e é que non nos queda mais remedio que o da confrontacion, con quen para facerse aínda mais ricos pretenden destruír as nosas vidas.

A C.N.T. de Ferrol apoia a ocupacion do Ateneo polos seus traballadores.

Dende o SOV CNT – FERROL apoiamos a inciativa da Xunta Directiva do Ateneo Ferrolán que, a través dos seus traballador@s e ante a negativa do PP do Concello de Ferrol a facilitarlles as chaves da súa sede que ocupan dende hai 30 anos, optaron por entrar no edificio coa chave que sempre tiveron e que por dereito utilizaron.

Viva María, paga o que debes!

Onte, xoves 13 de decembro, tivo lugar a primeira concentración da CNT Compostela á porta do comercio VIVA MARÍA para reclamar os pagos que o seu dono debe ao noso compañeiro.