Enquisa HostaleríaDigna

Servizos

Palestra informativa sobre a situación do GES - Allariz

A CNT organiza unha nova palestra informativa dirixida a todos os traballadores e traballadoras dos GRUPOS DE EMERXENCIAS SUPRAMUNICIPAIS (GES) que terá lugar o

XOVES 20 DE SETEMBRO ÁS 18:00

NO LOCAL DA CNT EN ALLARIZ (OURENSE)

Camiño do Castelo 10, (por tras da Igrexa de Santo Estevo).

Ver no mapa


Nesta palestra comentarase polo miudo as posibilidades de denuncia da fixeza dos contratos do persoal do GES tras a última sentenza xudicial conseguida polo GES de A GUARDA. Esta sentenza declara fixa a súa relación laboral e existe a posibilidade de iniciar demandas semellantes no resto de GES da Galiza.

A xustiza condena a Combina Social tras a demanda de CNT

 

Combina Social S.L. foi adxudicataria do servizo de auxiliares nocturnos nos internados dos centros de formación e experimentación agroforestal dependentes da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, do que era anterior titular EULEN.

Palestra informativa sobre estabilidade laboral nos GES de Galiza

A SECRETARÍA DE ACCIÓN SINDICAL DA CONFEDERACIÓN NACIONAL DO TRABALLO DA GALIZA invita a todos os traballadores e traballadoras dos GRUPOS DE EMERXENCIAS SUPRAMUNICIPAIS a asistir á palestra informativa sobre a estabilidade laboral no servizo, que terá lugar o

XOVES 6 DE SETEMBRO ÁS 18:00

NO SALÓN DE ACTOS DA CONSELLARÍA DE SANIDADE

SAN LÁZARO - SANTIAGO DE COMPOSTELA

que correrá a cargo da SECRETARÍA DE ACCIÓN SINDICAL, do GABINETE XURÍDICO DA CNT e de membros da SECCIÓN SINDICAL DA CNT NO CONCELLO DE A GUARDA, traballadores do GES nese Concello.

Nesta palestra comentarase polo miudo as posibilidades de denuncia da fixeza dos contratos do persoal do GES tras a última sentenza xudicial conseguida polo GES de A GUARDA. Esta sentenza declara fixa a súa relación laboral e existe a posibilidade de iniciar demandas semellantes no resto de GES da Galiza.

Desde a SECRETARÍA DE ACCIÓN SINDICAL DA CONFEDERACIÓN NACIONAL DO TRABALLO DA GALIZA esperamos a vosa presenza e agardamos que esta información poida resulta de utilidade e sirva para mellorar as condicións de traballo e dignificar a profesión dos GRUPOS DE EMERXENCIAS SUPRAMUNICIPAIS.

A CNT demanda ao GRUPO CONVERSIA por despedimento nulo

 

  • A empresa despide a unha traballadora como represalia á súa pertenza ao comité de folga da CNT na convocatoria da folga de 24 horas do pasado 8 de Marzo
  • A empresa oculta a causa do motivo en causas económicas e organizativas inexistentes

A CNT interpón unha demanda por despedimento nulo contra o Grupo Conversia, motivada pola acción represiva ante o intento de organización da loita sindical feminista. A empresa despide a traballadora alegando causas organizativas falsas mediante as que pretenden encubrir o carácter represivo do despedimento.

A CNT demanda a EXTERNA SERVICIOS por despedimento

 

  • O traballador estaba contratado en fraude de lei e foi despedido ao negarse a facer horas extras e tras a emisión dun informe médico sobre as lesións que sufrira nun accidente
  • As cantidades adebedadas pola empresa sobrepasan os 3000 euros

A CNT interpón unha demanda por despedimento contra a empresa de servizos Externa, empresa que non ten outra actividade que a de fornecer traballadores temporais a outras empresas, neste caso á conserveira ISIDRO DE LA CAL.

O traballador estaba contratado mediante un contrato de obra, sendo segundo a central sindical “manifestamente fraudulento, pois en realidade estaba a cubrir necesidades estruturais da empresa, polo que o contrato debía terse realizado por tempo indefinido”. Entre outros incumplimentos, tampoco se respectaba o salario sinalado no convenio colectivo pois “pagábanse 900 euros redondos, sen ningún pudor á hora de intentar ocultar a ilegalidade, cando en realidade o salario debería ascender a uns 1200 euros mensuais“, comentan na CNT.